Ribadeo, 23 de novembro de 2017. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza este sábado, 25 de novembro, diversas actividades enmarcadas na II Semana Europea da Formación Profesional. Os actos, que se desenvolverán nas instalacións do hotel O Cabazo en Ribadeo, comezarán ás dez da mañá co relato das experiencias dos profesores que participaron no Erasmus + en diferentes países europeos. Ademais participará o director do C.F.P. Zanardelli, de Brescia (Italia), que falará da organización da formación profesional en Italia e das ferramentas contra o abandono e o fracaso escolar neste nivel.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, explicou que “neste ano que está rematando agora, se vai repetir a estrutura un pouco da que foi o ano pasado a primeira Semana Europea da Formación Profesional. Este ano imos tamén participar. Esta actividade é unha das mil e pico que nesta semana na que estamos se está celebrando en toda Europa coa idea de fortalecer ao máximo posible a Formación Profesional”.
Doural detallou que “nós aquí deseñamos unha serie de actividades que teñen o título de El aprendizaje y la formación en la formación profesional. A actividade estes días se vai desenrolar o sábado, 25 de novembro. Comezará ás dez informando dunha serie de proxectos que remataron e outros que se van iniciar dentro do Erasmus +, no que atinxe á formación profesional. Esta primeira parte da actividade que vai chegar ata ás doce e media da mañá, vai contemplar tres apartados. Un apartado no que se vai falar das experiencias que tiveron os profesores no proxecto que rematou a finais de outubro de mobilidade de profesores. Os compañeiros que foron a Finlandia, que foron a Alemaña e que foron a Italia, van expoñer a súa experiencia apoiándose na memoria que eles fixeron desa semana de formación neses países”.
O presidente de APAGA engadiu que “vai haber tamén unha presentación dos materiais que se elaboraron no proxecto Networdingonmobility. Hai unha páxina web que se creou para este proxecto no cal todo o mundo que queira pode descargar os materiais, unha serie de seis libros electrónicos que están en inglés, sobre determinados temas do automóbil, sobre diagnose, os distintos tipos de chasis, motores,… iso está ao alcance de calquera, é unha descarga gratuíta, e entrando na páxina de APAGA hai un enlace que nos leva a esta páxina na cal podemos descargar eses libros. Nesta primeira parte imos ter a presentación do proxecto que se vai desenvolver no 2018 e que se titula Mejorando las aptitudes y competencias claves en la FP. É un proxecto que ten once mobilidades a distintos países da Unión Europea, cunha mesma estrutura pero con outros campos de traballo”.
Álvaro Doural seguiu a relatar que “a partir das doce e media imos contar coa presenza do director do centro de formación profesional Zanardelli, de Brescia, na zona norte de Italia. Vai falar sobre a organización da formación profesional en Italia, a relación coa empresa, o nivel de inserción laboral e as ferramentas que eles están utilizando para resolver un tema francamente moi preocupante, non soamente en España senón noutros países, que é o abandono e fracaso escolar na formación profesional”.
O responsable da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia contou que “a xente que vai participar son socios da asociación e representantes dos 27 centros que están no consorcio de mobilidade con nós, é dicir que vai haber representación de centros de Coruña, Pontevedra, Ourense, Lugo e Avilés, e por teleconferencia conectaremos cos nosos compañeiros que están en Pamplona, Murcia, Madrid e Castela-León. Eles van seguir vía internet a sesión, e presentes contamos entre corenta e cincuenta persoas”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



