Lugo, 25 de novembro de 2017. O BNG propón avanzar no Plan Único de axudas aos concellos por parte da Deputación posto en marcha no ano 2017. O voceiro do BNG no organismo provincial, Xosé Ferreiro, dixo que “mentres as Deputacións non desaparezan traballaremos para que sirvan para apoiar aos concellos con máis dificultades, por que para iso foron creadas no seu momento”. Ferreiro explicou que “ coa nosa iniciativa cuadriplicáronse as aportacións que recibiron os concellos dende a Deputación no ano 2017 e hai que continuar nesta liña por que é positiva para as veciñas e veciños”.
Ferreiro sinalou que “a nosa proposta elimina as discriminacións dos concellos pola cor política, un concello de 5.000 habitantes pasaron de recibir 100.000 euros a recibir 400.000 da Deputación”. Xosé Ferreiro destacou que “o BNG traballou para acadar mecanismos para que o reparto dos fondos fose totalmente obxectivo e evitar os repartos a dedo dos fondos das Deputacións e conseguímolo”. Segundo Ferreiro “foi unha proposta revolucionaria do BNG que beneficia a todos os concellos contamos co apoio de todos os grupos políticos e por iso creemos que hai que continuar con esta liña”. “A satisfacción amosada con este plan que propuxo o BNG no 2017 por todas as forzas políticas significa que funciona para ben da veciñanza” dixo Ferreiro.
Exemplo para as administracións gobernadas polo PP
Xosé Ferreiro sinalou o gran avance que a aplicación do Plan Único, proposto no seu día polo BNG, supuxo para as administracións locais e dixo que “debería exemplo para as administracións gobernadas polo PP nas que se continúan a aplicar criterios sectarios e partidistas á hora do reparto de fondos públicos”. Ferreiro referiuse especialmente á Xunta de Galiza e ao reparto “a dedo” de subvencións que está a realizar o actual Delgado Provincial entre os concellos gobernados por certo sector do partido popular.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



