Na nosa sociedade quizais non exista outro problema que afecte tan directamente aos principais dereitos fundamentais (vida, integridade física e liberdades) como a violencia machista, tendo en conta o número de persoas atinxidas. Só no noso País a policía protexe 3.100 vítimas, case o 0,25% da poboación feminina total. E cumpriría engadir ao universo de persoas en risco aquelas que non denunciaron ou as que denunciaron e non tiveron acollida a xeito (que destas tamèn hai).
Compre combatermos a violencia machista dende a educación, de xeito transversal. Porque semella que as cousas non van tan ben neste eido cando o 27% dos xoves entre 16 e 24 anos teñen interiorizado con normalidade esta pandemia. Mais cando falamos de educación non falamos só do sistema educativo, senón de todos os instrumentos de socialización, incluída a familia e os media. E arrincar destes instrumentos socializadores as actitudes e lugares comúns do machismo, porque son os que xeran o clima do que xurde a violencia machista. Entre outros xeitos rexeitando na familia, na escola e no faladoiro de amigos os comentarios machistas supostamente paveros. E non xulgando o seu xeito de vestir, os costumes ou os hábitos sexuais de ninguén, porque quen debe ser xulgado é o delincuente e non a vítima. Facéndolle ver ao maltratador que a súa conduta non só é ilegal, senón que lle vai afastar da consideración dos seus iguais e da inclusión social.
No curto prazo, porén, confésolles o meu escepticismo coas concentracións e minutos de silenzo. No curto prazo o único compromiso político operativo é o do orzamento, o dos cartos. Cómpre dotar a xeito os Xulgados especializados de violencia contra a muller e crealos onde non existan ( polo menos en Lugo, Composterla, Ferrol, Ourense e Pontevedra). Cómpre financiar axeit




















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



