Burela 27-11-17. “Estabamos concienciados do que somos e do que nos podía esperar. Nese senso o equipo foi intelixente; en ningún momento caemos no xogo de contacto, tratamos de xogar rápido, de darlle dinamismo á pelota e ser fortes en defensa”, así resumía o técnico Juanma Marrube a vitoria do sábado, na xornada 11, fronte ao Manzanares (1-6). “Nunha cancha máis lenta do habitual e fronte a un rival con experiencia, como pasou en Rivas, o Burela FS demostrou que esa fortaleza non é casualidade”. Recuperando a boa senda, o triunfo de Manzanares, con certa heroicidade, permítelles aos mariñáns estar, con 21 puntos, a tan só 2 do liderado, compartido por Valdepeñas e ElPozo.
“Non foi un encontro nada doado. Fomos a unha guerra e o equipo demostrou a súa identidade, por iso estou máis contento” explicaba o Mariskal, dunha cita na que non todo isto de cara para o Pescados Rubén Burela FS, con escasa vantaxe, de 1-2, ao descanso: “Con 0-2 houbo momentos nos que estivemos incómodos, con boa presión do rival, de feito chegou o 1-2. Nos primeiros minutos do segundo tampouco acabábamos de estar cómodos, pero nunha transición conseguimos poñernos co 1-3. Iso deunos máis tranquilidade e puidemos ir sacando o partido adiante xestionando o tempo”.
Dous en Vista Alegre
Vista Alegre espera agora dous compromisos consecutivos, con Tenerife Iberia Toscal este sábado (18.30 horas) e Software DELSOL Mengíbar, o día 9. “Temos que volver ser fortes na casa. Somos conscientes do que nos levou a perder esa solidez en Vista Alegre nos últimos encontros e temos que seguir a filosofía de Manzanares”. Juanma Marrube non se confía ante os insulares: “Espero un rival moi motivado despois de sacar 1 punto nunha pista muy difícil, a do Bisontes Castellón, e con cambio recente de adestrador” incidía Juanma na complexidade da cita ante un rival da zona baixa que virá a por todas á Mariña para saír da zona baixa.
Regreso de Colacha
“Colacha é un xogador moi serio e disciplinado, con calidade táctica. A súa convocatoria con España Sub-19 foi unha motivación extra. No partido entrou sen dificultades, coma se adestrase co equipo durante toda a semana. Estou moi contento tanto con el coma co resto dos xogadores” confesaba así Juanma a súa satisfacción co traballo do grupo.






















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
