Lugo, 27de novembro de 2017. O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, e o Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso Díaz; entregaron este luns, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, os diplomas aos participantes dos Cursos de iniciación á micoloxía I e II. Trátanse dos 2 obradoiros que organizou durante o mes de outubro o Goberno da Deputación coa colaboración da Sociedade Micolóxica Lucus, enmarcados na programación de actividades medioambientais e gratuítas que ofrece o Executivo Provincial no Centro de Interpretación Terras do Miño. Os 140 inscritos recibiron preto de 20 horas lectivas en 5 xornadas, divididas en parte teórica no Salón de Acto e en parte práctica na contorna do Centro de Interpretación Terras do Miño, na capital lucense.
Nos cursos, impartidos por membros da Sociedade Micolóxica Lucus, ofreceuse unha visión e descrición sobre os principais cogomelos cos que conta Galicia, achegando coñecementos básicos sobre as súas características ecolóxicas, para poder realizar unha correcta identificación e previr futuras intoxicacións polo seu consumo.
Fernández Queipo subliñou que “dende o Executivo Provincial continuamos impulsando o estudo dos recursos naturais que hai na provincia co obxectivo de poder empregalos para ampliar a oferta turística e económica lucense. Durante os últimos anos, ten aumentado moi notablemente o interese polo aproveitamento micolóxico, debido á súa importancia ecolóxica, nutricional, gastronómica e, ademais, lúdico turista. Con estas xornadas que organizamos Deputación e a Sociedade Micolóxica Lucus, os participantes coñeceron in situ, a riqueza e a diversidade de especies de cogomelos coas que contamos na nosa provincia.”
Sociedade Micolóxica Lucus
A Sociedade fundouse en 2001 pola iniciativa dun grupo de afeccionados á micoloxía, cumpríndose ao fin un anhelo que tiñan moitos afeccionados en Lugo desde facía anos: unha asociación que canalizase todas as súas inquietudes no ámbito da micoloxía. Os obxectivos deste colectivo son fomentar os valores naturais lucenses e achegar esta ciencia á cidadanía coa posta en marcha de cursos de micoloxía. Un labor fundamental para fomentar a protección destas variedades micolóxicas e, sobre todo, evitar as intoxicacións por inxesta. O profesor é o presidente da Sociedade, Julián Alonso, Doutor en Ciencias Biolóxicas e experto micólogo, impartiu máis de 160 cursos, xornadas e conferencias ao longo da súa carreira.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



