Viveiro 28-11-17. Coincidindo co inicio da ponte festiva de decembro, o Concello de Viveiro procederá ao acendido do alumeado de Nadal e á apertura ao público do Belén “Viveiro ante o Berce”, que se celebrará ofrecendo unha chocolatada con churros a todos os asistentes.
Con respecto ao Belén, cómpre sinalar que poderá visitarse, no atrio da Igrexa de Santa María, ata o 14 de xaneiro. Este Belén, a tamaño natural, está considerado como un dos máis importantes de Galicia e destaca pola súa beleza, pola dimensión das súas pezas, pola extensión do seu conxunto e por instalarse nun enclave histórico-monumental único.
Pode considerarse como un dos referentes do Nadal galego e dende o concello constátase como cada ano se incrementa o número de visitantes, sendo frecuente recibir chamadas de asociación ou centros educativos, tanto de Galicia como de fóra de Galicia, pedindo información para organizar excursións co fin de visitalo.
Con respecto ao alumeado de Nadal, en 2015 o concello adquiriu as luces de led coas que se decoraron as rúas Pastor Díaz e Margarita Pardo de Cela, resultando que esta nova iluminación tivo grande acollida. En 2016, comprouse outro pequeno tramo de luces coas que se ampliou este tipo de iluminación na Porta de Carlos V. Dende o o primeiro momento, a intención do concello é ir adquirindo, dentro das posibilidades económicas, máis tramos deste alumeado para incrementar a decoración noutras zonas e rúas, sendo conscientes de que a decoración de Nadal é unha inversión que contribúe a dinamizar a cidade, creando a ambientación propia destas datas e favorecendo tanto as compras como o turismo.
Neste 2017 e grazas o aforro que supuxo non ter que alugar cada ano todas as luces da decoración navideña, o concello aumentará as zonas con iluminación de nadal grazas á adquisición de máis luces de led; serán, en concreto, a rúa Almirante Chicarro e a Avenida de Cervantes, onde se colocará, á altura da Pescadería, unha gran rede de luces de led. Este ano, ademais, alugáronse arcos de luz para adornar a Praza de Juan Donapetry, Cantarrana, Covas e Celeiro, co fin de dinamizar tamén estas zonas.
Dende o concello consideramos que tanto o Belén “Viveiro ante o Berce” como o alumeado de Nadal son dous elementos fundamentais para crear o ambiente propio do Nadal, resultando ser en ambos casos importantes dinamizadores dende un punto de vista económico e turístico.























A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



