Mondoñedo, 29 de novembro de 2017.- O Concello de Mondoñedo entregará o sábado 23 de decembro os premios aos gañadores da segunda edición do concurso fotográfico ‘O mellor recuncho de Mondoñedo’, que baixo o lema ‘Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta’, ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2018.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Educación, Alberto García, deron a coñecer esta mañá o nome dos tres galardoados así como as doce fotografías seleccionadas, unha por cada mes do ano, entre as enviadas polos 38 participantes desta segunda edición do concurso.
As doce fotografías, que ilustrarán o calendario municipal de 2018 son as dos seguintes autores:
– Xaneiro: Miguel Martínez
– Febreiro: Alberto García Armesto
– Marzo: Marcos Candia
– Abril: Martín Del Pino
– Maio: Elva Rico
– Xuño: Fran Pernas
– Xullo: Chano Amado
– Agosto: Andrés García
– Setembro: Miguel Paz
– Outubro: Susana Gacio
– Novembro: José Antonio Díaz
– Decembro: Diego García
Ademais, os autores das tres mellores fotografías recibirán cadanseu premio que consistirán nunha taza e nunha camiseta de Mondoñedo co lema ‘Mil historias que vivir’, xunto a un libro. As tres mellores fotografías son, en primeiro lugar, a de Chano Amado; en segundo lugar, Elva Rico e en terceiro lugar, a de José Antonio Díaz.
O mesmo día 23 de decembro tamén se presentará de xeito oficial o calendario para o vindeiro ano, ilustrado coas doce fotografías seleccionadas. Seralle entregado un calendario a cada un dos autores das 12 imaxes seleccionadas.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



