Viveiro, 1 de decembro de 2017. O día 30 de novembro de 2017 o Concello de Viveiro publica no BOP de Lugo a “Convocatoria de subvencións para a rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro” en cumprimento do Real Decreto 637/2016. do 9 de decembro, polo que se prorroga o Plan Estatal de Vivenda 2013-2016, regulado polo Real decreto 233/2013, do 5 de abril. En base a este documento, as persoas interesadas en executar traballos de conservación e intervención en edificios de vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns có fin de adecualas á normativa vixente e que estén ubicadas dentro do Casco Antiguo, poderán solicitar as subvencións durante un mes a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria. As bases que rexirán a citada convocatoria serán as publicadas no BOP de Lugo de data 24 de decembro de 2015. A documentación que será necesaria para solicitar as subvencións é:
A.- Documentación acreditativa de identificación do solicitante e titularidade da edificación.
a) Se o promotor/a é unha persoa física ou xurídica;
1/ Fotocopia do documento identificador da persoa que asine a solicitude ou Documento acreditativo da constitución da sociedade .
2/ Fotocopia do documento que acredite a titularidade do edificio por parte do promotor da actuación.
B) Se o promotor/a é unha comunidade de propietarios constituída, presentará ademais:
1/ Documento acreditativo da constitución da comunidade.
2/ Documento acreditativo da representación coa que se actúe.
3/ Acta ou certificado da comunidade de propietarios onde se aprobe a execución das actuacións e a solicitude da subvención ou certificado da persoa titular da secretaría da comunidade referente aos ditos aspectos.
4/ Relación de todas as persoas integrantes da comunidade, co NIF de cada unha, referencia catastral de cada vivenda e local.
B.- Declaración responsable das persoas beneficiarias das subvencións, onde conste:
– Que non se atopan incursos nas prohibicións para a obtención da condición de beneficiaria sinaladas nos apartados 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Esta documentación terá que ser presentada de novo, previamente ao pago da axuda.
– Das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma actuación así como o importe da axuda solicitada ou obtida, así como a Administración, organismo ou entidade pública que concede a subvención.
C.- Certificados.
– Certificacións de cada persoa propietaria de estar ao día coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia e a Administración Local.
D.- Documentación referente ás obras e do edificio:
a) Informe de avaliación do edificio segundo o establecido na Disposición Transitoria Primeira, 1.b) da Lei 8/2013, do 26 de xuño, de Rehabilitación, Rexeneración e Renovación Urbana e no artigo 21 do Real Decreto 233/2013.
b) Proxecto ou memoria técnica na cal expresen as obras que se van executar, a súa valoración, clasificándoas en capítulos segundo o disposto no artigo 26 do Real Decreto 233/2013. O proxecto ou memoria técnica deberá conter os datos fundamentais do edificio: situación, número de vivendas e locais, superficie construída sobre a rasante, superficie sobre a rasante con uso residencial e unha reportaxe fotográfica das obras que se van realizar.
c) Licenza e autorizacións para a execución das obras.
d) Cando o importe do orzamento protexible das obras exceda de 50.000 euros deberán presentarse como mínimo tres orzamentos, de data anterior á contratación das obras, salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude. No caso de que non se optase pola oferta económica máis vantaxosa, deberá xustificarse razoadamente, por escrito, a elección realizada.
e) Ós efectos de poder puntuar a Fixación de poboación na Ára de Rehabilitación, o solicitante deberá presentar xustificante de que a edificación na que se pretende actuar é a súa vivenda habitual, está destinada ó alugueiro ou ben, no suposto de vivenda baleira neste momento, declaración responsable de que a que fin vai ser destinada.
f) Ós efectos de poder puntuar a Condición social das presentes bases, o solicitante deberá presentar certificado de empradroamento e copia das declaracións do IRPF da unidade familiar, correspondente ó ultimo exercizo, ou no seu caso certificación negativa da Axencia Tributaria.
Toda a documentación deberá presentarse en orixinal ou copia cotexada.
De todas as solicitudes presentadas por escrito, e que cumpran os requisitos establecidos nas bases aprobadas, procederase á valoración e posterior proposta de cualificación provisional daquelas actuacións con maior puntuación, ata esgotar o orzamento destinado para tal fin.
Para máis información poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro, na súa nova ubicaión, na segunda planta do Concello de Viveiro. Teléfono: 982 562968. Correo electrónico rehabilitacioncasco@viveiro.es





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



