Alfoz, 17 de Decembro de 2017. O programa de actividades de Nadal de Alfoz, deseñado para os máis pequenos, comezará o vindeiro sábado 23 de decembro ás 15:30 horas cun obradoiro de creación de bolas de Nadal organizado pola Anpa do Ceip Castro de Ouro. O prezo da actividade, que se desenvolverá na Omix do Centro Sociocultural de Alfoz, é de 12 € e os interesados poden apuntarse ata o martes 19 de decembro.
O mesmo día ás 18:00 horas, no salón de actos do mesmo centro terá lugar a actuación do grupo A Tropa de Trapo que nos traerá a obra “Antía, Wamba e o regato pequeño”, espectáculo no que Wamba lle contará a Antía catro historias que falan de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir de verdade, de valorar o importante, de rir, de mirar con esperanza ao futuro… contos para bailar e cantar, para xogar, pero tamén para sentir e pensar. Este espectáculo, que será de valde, é distribuido pola Cooperativa de Artistas Galegos Charlatana, e é ofrecido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade, do que é socio o Concello de Alfoz. Tras o espectáculo entregaranse os premios do XV Concurso de Postais de Nadal organizado pola Biblioteca Municipal de Alfoz.
Na última semana do ano chegará un ano máis o programa “Pequenadal”, consistente en obradoiros creativos que se desenvolverán os días 27, 28 e 29 de decembro en horario de 11:30 a 13:00 horas na Omix do Centro Sociocultural de Alfoz. As prazas para esta actividade son limitadas, estando as inscricións abertas ata o vindeiro día 20 nas propias oficinas municipais do Concello de Alfoz ou no teléfono 982 558 001.
Para rematar as actividades deste 2017, o sábado 30 de decembro, Peter Punk Pallaso e Brais das Hortas tráennos “Concerto Punk Infantil”, espectáculo de clown, circo e música, no que os dous artistas xuntan talentos para divertir aos máis pequenos e a toda a familia. Este espectáculo será igualmente de valde e celebrarase no salón de actos do Centro Sociocultural de Alfoz a partir das 17:00 horas, sendo ofrecido pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, coa distribución da Cooperativa de Artistas Galegos Charlatana.
Para a primeira semana do ano está prevista a celebración da tradicional Cabalgata de Reis na tarde do 5 de xaneiro, organizada pola AXC O Castelo, coa colaboración do Concello de Alfoz.
Desde a delegación de Cultura e Turismo do Concello de Alfoz deséxanlle a veciños e visitantes unhas Boas Festas.























A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



