LUGO, 21 de decembro de 2017.- O Grupo Provincial do Partido Popular facilitou a aprobación dos Orzamentos da Deputación para 2018, ao cumprirse o acordo de mínimos iniciado no ano 2016 e esixido xa naquel ano polo PP. Deste xeito, a voceira popular, Elena Candia, puxo de relevo que a acción deste Grupo está a ser decisiva para que a negociación emprendida hai dous anos se manteña en 2018, de aí que este Grupo optase pola abstención.
Concretamente, a xestión dos populares “marcou un antes e un despois no reparto dos recursos provinciais, sendo moito máis equitativo para os Concellos e paliou a discriminación e sequía que durante oito anos sofriron moitos dos municipios da provincia”. Así o subliñou a voceira do PP, quen logo de advertir que “estes Orzamentos teñen un retraso dun mes”, matizou que “esta Institución non é unha mera chequera para os municipios, senón que ten que ter un proxecto de provincia e cubrir os aspectos individuais que os Concellos non son capaces de poñer en marcha por si sós”.
Elena Candia fixo esta valoración en alusión á escasa vontade do Goberno por incluír no documento de Orzamentos a batería de propostas que foi enviada ao presidente a semana pasada para “facer provincia”. “Perdeuse unha oportunidade de seguir avanzando”, indicou, ao tempo que criticou que “nin tan sequera fosen lidas polo Goberno”, a pesares de seren todas acordos que respaldou unanimemente a Corporación.
“Os veciños desta provincia saben como gobernaban cando tiñan un pacto co Bloque Nacionalista Galego”. Como exemplo, Elena Candia citou a Lei de Servizos Sociais de 2008, desenvolvida por un decreto de 2012. Neste caso, “mentras que todas as deputacións galegas cumpriron este decreto, a de Lugo declarouse a estilo Puigdemont, non respectándoo ao igual que fixo este coa Constitución Española”.
“Facemos historia”
Durante a súa intervención, e logo de que o BNG manifestara publicamente que o sentido do seu voto iría en función da postura do Partido Popular, a voceira do Grupo do PP destacou que “facemos historia”.
“Isto enorgullécenos, malia que iso é menos importante, pois o realmente destacable é o que dixeron, xa que deron moitas razóns para votar unha abstención cando menos. Calquera veciño que os escoitara, concluiría que estes Orzamentos non lles gustan moito e que, como pouco, os consideran mellorables”, sinalou Candia en resposta aos deputados do BNG.
Esixencias do PP
A voceira do PP, lonxe de conformarse co proxecto aprobado polo PSOE e o BNG, pois adolece “dun proxecto claro de provincia”, aproveitou a ocasión para poñer en valor que “temos a obriga de pedir máis e o que pretendemos é que se cumpran os acordos plenarios e o que decidimos os 25 deputados para seguir avanzando”, como así aconteceu con outras iniciativas que estaban estancadas ata que o PP impulsou cambios. É o caso das residencias, “que estaban en cemento”, apuntou.
A popular referiuse así, en resposta á intervención da voceira do PSOE sobre a situación destas infraestruturas, logo de que a socialista recoñecese que estas contas non garanten o funcionamento das mesmas e precisan de modificacións futuras.
Diante esta afirmación, que evidencia claramente que estes Orzamentos teñen carencias, Elena Candia apelou, unha vez máis, á responsabilidade do Goberno respecto deste asunto: “que xestión queren? Se estamos aprobando os Orzamentos, é o momento de garantir unha xestión pública e a cantidade orzamentaria suficiente”. E é que, a diferencia da postura dos socialistas, “nós sempre demostramos que, nunha era tan convulsa, intentamos ser absolutamente responsables e que tiñamos unha voz única e responsable”, sentenciou.
Outros asuntos
Noutra orde de asuntos, os populares tamén amosaron o seu apoio público á asociación Raiolas, votando a favor da addenda ao convenio da subvención excepcional outorgada a esta entidade co obxectivo de colaborar no financiamento da legalización e adecuación do edificio para centro de día para persoas con TEA. Asemade, tamén deron o seu voto positivo á proposta para a provisión do posto de Secretario/Interventor e abstivéronse no asunto relacionado coa revisión e modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do organismo provincial.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



