Burela 27-12-17. A nova cara burelista, o pivote Héctor Albadalejo Blázquez (Barcelona, 1982) foi presentado oficialmente polo Pescados Rubén Burela FS na compaña do presidente, Manuel Blanco Fanego, e do directivo Auditor Rodríguez Lombardía, que destacaron a “experiencia e olfacto finalizador” do xogador. “Sempre tiven uns bos números goleadores; non o tomo como unha meta pero una das miñas virtudes é o gol e saber estar no lugar axeitado no momento axeitado. Á parte de achegar experiencia espero contribuír con gol, primando por riba de todo o ben colectivo. Así que espero que coa miña achega o equipo estea máis tranquilo de cara ao gol, axudando sempre a gañar partidos” explicaba o pivote, que regresa á liga española procedente do Real Rieti da Serie A italiana, onde ostenta unha media de 30 goles.
O xogador, de 35 anos, non o dubidou: “Antes ou despois tiña que regresar e creo que este é o momento xusto para facelo; foi unha decisión moi doada. Tiña ganas de volver á liga española logo de 6 anos en Italia e Bélxica. Esta é a liga que me viu medrar e me deu tantas alegrías e coa que máis gocei neste deporte” confesaba con entusiasmo o catalán, que chega á comarca da Mariña “como mellor xogador e evidentemente mellor persoa”: “Estes anos servíronme para darme conta de que hai vida máis aló do fútbol sala español. Toda a experiencia que adquirín a nivel internacional axúdame a tomar mellores decisións nos partidos”.
Héctor ve o Pescados Rubén Burela FS con moitas posibilidades para a segunda volta: “Aínda que estaba fóra da casa, sempre me gustou seguir o fútbol sala nacional. É un equipo novo, pero con moita ambición e moitas ganas de facer as cousas ben. Non coñezo moito a liga para valorar rivais, pero creo que o equipo está nunha boa posición; creo que con traballo e esforzo pode pelexar polo play off”, explicaba o novo laranxa, que xa puido adestrar a semana pasada coa escuadra de Juanma Marrube: “Aínda non sei moitos mecanismos de traballo, pero considérome unha persoa rica a nivel de experiencia; os 13-14 anos que levou neste deporte a nivel profesional pódenme axudar a unha rápida adaptación nesta nova aventura”, concluía na súa presentación o pivote.



















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
