Lugo, 27 de decembro de 2017. O Goberno da Deputación leva durante esta última semana do ano 43 actividades gratuítas a 34 municipios da provincia con motivo do Nadal. Trátase da programación coa que o Executivo da Deputación busca dinamizar a vida cultural, especialmente no rural, durante a época do Nadal. Nesta variada axenda lúdica que ofrece o organismo ata o vindeiro 7 de xaneiro poderán participar máis de 2.000 persoas de todas as idades. Son, por exemplo, espectáculos de maxia, monicreques, música en directo, contacontos, teatro, concertos, actuacións de corais e obradoiros infantís.
Programación de actividades diarias
Todas as actividades infantís que se ofrecen, son completamente gratuítas, é o horario de celebración é de 17:00 a 19:00 horas, na caseta habilitada na Praza de San Marcos.
Mércores, 27 de decembro
Xogos tradicionais
Xoves, 28 de decembro
Globoflexia, xogos con globos e confección de pulseiras
Venres, 29 de decembro
Obradoiro de materiais reciclados
Sábado, 30 de decembro
Festa infantil, con xogos musicais, coreografías, guerra de cancións e lanzamento de chulerías para todos os asistentes, onde poderán participar tamén os acompañantes.
Actuacións corais
Mércores, 27 de decembro
-Orfeón lucense (Rúa de San Marcos, Rúa do Progreso, esquina de Rúa de San Pedro e Rúa Raíña; 19:00 horas)
Sábado, 30 de decembro
– Coral do hospital Xeral Caldo (Fontiñas, 18:30 horas)
– Asociación Galega de Artes Escénicas Fingoi (Iglesia da Nova, 20:30 horas)
– Orfeón Lucense (San Pedro, 20:00 horas)
– Schola Gregoriana Lucensis (Iglesia de San Francisco Xavier, durante a misa 18:30 horas e despois da misa ás 19:00 horas)
– Coro de San Antonio (Iglesia de San Antonio, 19:30 horas)
Programación nos Concellos
27 de decembro
– Nono en Abadín ás 11:00 horas no Ximnasio do Colexio Novo.
– Lila Star en Baralla ás 17:30 horas no Centro Socioxuvenil.
– Cia. Traspediante “Baila Un Vestido Verde” en Triacastela ás 16:00 horas na Sala de usos múltiples “Fonte do Luar”.
– Martín Camiña “A Maxia De Carlos Casares” en Monterroso ás 12:00 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela.
– Teatro De Marionetas Trécola “The Piccole Theatre” en Navia de Suarna ás 17:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
– Concerto Punkinfantil en Pol ás 11:30 horas no Centro Sociocultural de Mosteiro.
– Mago Deimi “Apren-Deimi” en Sober ás 18:00 horas no Centro sociocultural.
28 de decembro
– Martín Camiña “A Maxia De Carlos Casares” no Incio ás 18:00 horas no Local Social de Eirexalba.
– Teatro De Marionetas Trécola “Lolo E A Ratoa” en Outeiro de Rei ás 12:00 horas na Casa da Cultura.
– Concerto Punkinfantil na Pastoriza ás 17:00 horas no Salón de actos do Concello.
– O Pozo Das Señoras en Friol ás 11:00 horas no Centro Sociocultural.
– Davide Salvado con Pedro Pascual en Lourenzá ás 21:00 horas no Salón de actos da Casa da Cultura.
– Mago David Méndez “Andando A Terra” en Taboada ás 19:00 horas no Salón de actos (Antigo cuartel).
29 de decembro
– Nono en Bóveda ás 18:30 horas no Centro sociocultural.
– Cia. Traspediante “Baila Un Vestido Verde” en Quiroga ás 18:00 horas na Casa da Cultura.
– Mircromina Teatro De Títeres “Vacacións No Mar” en Ourol ás 17:00 horas no Edificio multiusos.
– Teatro De Marionetas Trécola “The Piccole Theatre” en Guntín ás 17:00 horas no Centro Sociocultural.
– Concerto Punkinfantil en Láncara ás 20:00 horas no Polifuncional do Campo da Feira da Pobra de San Xiao.
– Larraitz Urruzola “O Crebanoces” na Fonsagrada ás 17:00 horas no Salón de actos.
– Titereficciós “Cantos Contos Contas” en Trabada ás 17:00 horas no Salón de actos da Casa da Cultura.
– Zoelas en Burela ás 21:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura.
– Banda Folk De Ribas De Sil en Guitiriz ás 20:00 – 20:30 horas na Casa Habanera.
30 de decembro
– Nono en Negueira de Muñiz ás 16:00 horas na Antiga Escola de Ernes.
– Mircromina Teatro De Títeres “Vacacións No Mar” en Castroverde ás 18:00 horas no Salón de actos do CPI de Castroverde.
– Concerto Punkinfantil en Alfoz ás 17:00 horas no Salón de actos da Casa da Cultura.
– O Pozo Das Señoras en Cervo ás 12:00 horas na Carpa na Praza dos Campos en San Cibrao// Casa da Cultura de San Cibrao.
– Larraitz Urruzola “O Crebanoces” na Pontenova ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
– Mago David Méndez “ANDANDO A TERRA” en Folgoso do Courel ás 18:00 horas na Antiga Escola de Moreda.
– Tango En Xan3iro en Antas de Ulla ás 19:30 na Casa da Cultura.
– Luca Camerata en Monforte de Lemos ás 20:00 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
– Milesios en Vilalba ás 21:00 horas na Carpa na Praza da Constitución.
– Os Baluros “O Menciñeiro Á Forza” en Xermade ás 17:00 horas no Salón de actos do Colexio de Xermade.
– Banda Folk De Ribas De Sil en Barreiros ás 20:00 horas no Salón de actos dos Colexios Vellos en San Miguel de Reinante.