Ribadeo, 27 de decembro de 2017. O Concellaría de Cultura ven de convocar o II Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo no que poderán participar xoves mariñáns con idades comprendidas entre os 16 e os 31 anos. O prazo de presentación de traballos estará aberto do 7 de xaneiro ao 31 de marzo. Haberá un premio de 500 euros para cada unha das tres categorías: relato curto, poesía e debuxo e pintura.
O edil de Cultura, Farruco Graña, explicou que “neste Certame poderán participar todas aquelas mozas e mozos nacidos entre o 1 de xaneiro de 1987 e o 31 de decembro do ano 2001 e que naceran e/ou vivan en calquera dos Concellos da Mariña mindoniense. Co ánimo de facilitar a participación do reducido número de estudantes de Bacharelato Artístico no IES Monte Castelo de Burela, aquelas persoas que estean estudando no mesmo o Bacharelato de Artes e non vivan habitualmente na Mariña poderán participar neste concurso”.
O concelleiro ribadense contou que “se establecen tres modalidades: relato curto, poesía e debuxo. Cada participante só poderá presentar un traballo para cada unha das modalidades. Deberán estar escritos en lingua galega, na normativa oficial. A temática será libre, pero valorarase de xeito especial que as obras teñan perspectiva de xénero e que reflictan aspectos ou elementos de Ribadeo e a comarca da Mariña. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, tanto de xeito impreso, como en calquera tipo de edición dixital”.
Farruco Graña seguiu a relatar que “os traballos presentados pola modalidade de relato curto deberán ter un mínimo de 3000 caracteres e un máximo de 10.000 (con espazos incluídos, letra tamaño 12 e espazo entre liñas dobre). Os presentados na modalidade de poesía non poderán sobrepasar os 150 versos, non establecendo ningún mínimo. Na modalidade de debuxo e pintura poderanse presentar traballos realizados con calquera tipo de técnica de debuxo, incluso asistido por ordenador (b/n e cor) bidimensional (non se aceptarán obras en 3D). En calquera caso, os traballos presentados deberanse entregar en formato físico (papel DIN A3 ou DIN A4)”.
O concelleiro de Cultura dixo que “os mozos e mozas que participen nas modalidades de relato curto e poesía deberán entregar os seus traballos en soporte papel por triplicado. No caso de se entregar un debuxo feito a man, a maiores do orixinal deberanse entregar dúas copias do mesmo (xa sexa en b/n ou a cor, segundo as características do orixinal). En ambos casos, os exemplares deberán ser introducidos nun sobre grande no que tamén se incluirá outro sobre pequeno, pechado, cos seus datos (nome, apelidos, enderezo, teléfono ou correo electrónico) e o currículo vitae se o consideran oportuno, ademais de unha fotocopia do seu DNI (ou documento equivalente legalmente) para podermos acreditar a súa data de nacemento. No exterior deste segundo sobre só aparecerá o título ou lema da obra”.
A presentación de traballos poderá realizarse entre o 7 de xaneiro e o 31 de marzo de 2018, ambos inclusive, co seguinte texto no sobre grande:
II CERTAME LITERARIO E DE ARTES PLÁSTICAS XUVENIL
CONCELLO DE RIBADEO
Concello de Ribadeo. Praza de España 1
27700 Ribadeo (LUGO)
Farruco Graña engadiu que “se se envían por correo non deberá constar ningún dato persoal no remite; en todo caso, e para facilitar o envío por correo certificado, poderá constar o lema da obra no remite. Se se entregan no rexistro do Concello de Ribadeo, no sobre grande só poderá constar o lema como elemento identificativo a efectos de rexistro”.
“Haberá un único premio, por modalidade, de 500 euros, aos que lle será aplicada a correspondente retención tributaria. En todo caso, e se o xurado o considerara oportuno, poderanse crear accésits, aínda que sen contía económica. O xurado estará composto por persoas do mundo do ensino e da creación artística e literaria vencellados coa comarca da Mariña. O xurado reunirase, a máis tardar na segunda quincena do mes de maio para emitir o seu fallo e dar a coñecer posteriormente a obra ou obras premiadas”, concluíu o concelleiro de Cultura, Farruco Graña.





















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



