Viveiro 4-1-18. No día de hoxe, esta Alcaldía remitiu un escrito ao Presidente de Portos de Galicia solicitando información con respecto á demolición dos galpóns do muelle de Viveiro. Na carta explicábase que o concello tivo coñecemento de que os tres concesionarios xa asinaron os documentos correspondentes para tramitar a reversión e que nos gustaría coñecer o estado no que se atopa a tramitación destes expedientes e saber, así mesmo, se xa existe un calendario coa previsión de datas para levar a cabo dita demolición. Este concello está interesado en obter esa información, entre outras cuestións, co fin de poder planificar a disponibilidade deste espazo e a existencia de aparcamentos de cara a futuros eventos ou actividades que vaian ter lugar neste concello nos vindeiros meses.
Agardamos poder recibir en breve a información solicitada con respecto á este asunto de vital importancia para o noso municipio dende o punto de vista tanto estético como funcional, valorando positivamente este avance, polo que levamos tempo traballando e que suporá un paso para conseguir a apertura de Viveiro ao mar.
María Loureiro García. Alcaldesa do Concello de Viveiro























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



