Ribadeo, 12 de xaneiro. O vindeiro 20 de xaneiro terá lugar a VII Festa do Comercio, que organiza Acisa. En total vanse repartir 2.000 euros en premios nese sorteo.
Todas as persoas que fagan as súas compras ou consuman nos establecementos asociados ata o 19 de xaneiro reciben papeletas para participar no sorteo deses premios. A novidade desta edición é que unha parte deses boletos deberá depositarse nunha furna que estará no Cine Teatro entre as catro e as oito e media da tarde, momento no que dará comezo esta tradicional cita en Ribadeo.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembra que “este año la Fiesta del Comercio se hace en dos modalidades, presencial y no presencial. Se sortean un total de 2.000 euros en premios con un premio presencial de 1.000 euros, otro premio presencial de 500 euros y un tercer premio también presencial de 250 euros. Y además habrá un premio de 250 euros que será no presencial. Este año hay una novedad con respecto a otros años, el premio no presencial se jugará el 19 de enero con el cuponazo de la ONCE, el día antes de la gala, y tendrán que coincidir las cinco cifras del número principal del sorteo del cuponazo de la ONCE con las cinco cifras de la rifa, de la papeleta. Nosotros los anunciaremos el día de la gala, el día 20, a partir de las ocho y media en el Cine Teatro de Ribadeo como todos los años. Estará publicado en las redes sociales, y ese premio ya se podrá cobrar o el mismo día de la gala o posteriormente hasta el día 31 de enero”.
Os establecementos asociados a Acisa reparten desde o pasado 15 de decembro un total de 100.000 papeletas para participar na VII Festa do Comercio. Desde a directiva sinalan que “será un sorteo ágil, dinámico y breve. Será presentado por Juana Carrera, periodista y locutora de Cope de la Costa. Y alguna sorpresa habrá ese día, que por el momento preferimos no desvelar”.
O sorteo poderase seguir tamén desde o exterior do Cine Teatro de Ribadeo, grazas ao son e ao proxector alí instalados.
Desde Acisa animan “a acudir a esta tradicional cita. Todos los que vayan a participar deben recordar que tienen que depositar las papeletas, una parte de esos boletos que se corta por la línea de puntos, en la urna que estará instalada en el Cine Teatro desde las cuatro y hasta las ocho y media de la tarde”.





















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



