Alfoz, 15 de Xaneiro de 2018. A Feria Internacional de Turismo FITUR contará, un ano máis, coa participación do Concello de Alfoz. Unha delegación do concello, formada polo Alcalde, Jorge Val, e o responsable da Area de Cultura e Turismo, Xabier Pardiñas, participarán nos actos desta 38ª edición, na que se estreará a nova imaxe da campaña de promoción turística iniciada o ano pasado baixo o eslogan “Alfoz, fortaleza entre a serra e o mar”. Ademáis da nova imaxe, tamén se estrearán novos folletos promocionais e unha nova versión da APP “Caminos de Alfoz”. “O novo folleto trata de amosar o noso patrimonio histórico-artístico e paisajístico”, indica Xabier Pardiñas, incluíndo a nova ruta entre a Fervenza do Escouridal e a Pena Abaladoira. Alfoz estará arroupando a campaña do xeodestino da Mariña Lucense, pois “ debemos traballar en conxunto xa que, tanto no turísmo coma noutros eidos, pensar en localismos é pensar pequeno. Ao fin e ao cabo os recursos turísticos son patrimonio de todos”, opina Pardiñas.
A presentación a de “A Mariña Lucense, mágica por naturaleza”, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, será o vindeiro xoves 18, ás 17:00 horas, no stand de Galicia situado no pavillón 9 do recinto feiral Ifema.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



