Nota de Prensa
REGO ESIXE A FEIJOO QUE REPOÑA O SERVICIO DE AUTOPSIAS QUE ATOPOU CANDO CHEGOU AO GOBERNO
-O deputado socialista acusa ao Partido Popular de enganar aos cidadáns da Mariña nas súas promesas electorais e na retirada de servizos
– Fomos os Socialistas os que atendendo ás demandas do sector das funerarias e sendo sensibles coas familias afectadas, xestionamos e acadamos que a Consellería da Presidencia do Goberno bipartito, descentralizase o Servizo e se volvesen a facer as autopsias nos hospitais de Burela e de Monforte
– Reclama que se garantir a reorganización do sistema, de xeito que todas as autopsias da Costa Lucense e da Comarca de Lemos, volvan a efectuarse nas salas de necropsias dos hospitais de Burela e de Monforte, en horario de mañá e de tarde
Burela , 14 de xaneiro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego reclamou hoxe ao Goberno de Feijoo, mediante unha Proposición Non de Lei, rexistrada na Cámara Autonómica, que repoña o servizo de Autopsias que atopou cando chegou ao Goberno.
Rego acusa ao Partido Popular de enganar aos cidadáns da Mariña de Lugo coas súas promesas electorais e na retirada de servizos.
Segundo relara na iniciativa o pasado mes de maio de 2009, un mes despois de chegar ao Goberno da Xunta de Galicia o Partido Popular, deixaron de facer as autopsias nos hospitais comarcais de Monforte de Lemos e Burela, centralizándoas en Lugo, o que supón unha burla aos cidadáns destas comarcas, por facer o contrario do que dicía hai uns meses, cando promovía unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia e mocións nos concellos, para que as autopsias se fixeran nos hospitais comarcais.
Fomos os Socialistas os que atendendo ás demandas do sector das funerarias e sendo sensibles coas familias afectadas, xestionamos e acadamos que a Consellería da Presidencia do Goberno bipartito, descentralizase o Servizo e se volvesen a facer as autopsias nos hospitais de Burela e de Monforte.
Rego denuncia que o Partido Popular volve a centralizar as autopsias en Lugo, co conseguinte prexuízo para as familias polo atraso que supoñen as viaxes na entrega dos defuntos, e tamén para as funerarias polos trastornos que iso produce.
Os Socialistas esiximos á Xunta do Partido Popular que corrixa esta situación, e cumpra agora o que demandaba cando estaba na oposición.
Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:
O Parlamento galego insta o Goberno da Xunta a:
1º) Reconsiderar a decisión de centralizar a realización de todas as autopsias do sur e do norte da provincia na cidade de Lugo, para que estas probas se volvan a realizar nos hospitais comarcais de Burela e de Monforte.
2 º) A garantir a reorganización do sistema, de xeito que todas as autopsias da Costa Lucense e da Comarca de Lemos, volvan a efectuarse nas salas de necropsias dos hospitais de Burela e de Monforte, en horario de mañá e de tarde.


















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



