Viveiro 26-1-18. A lexislación vixente obriga ao propietario dos inmobles a mantelos en bo estado, garantindo en todo momento a salubridade, a seguridade e o ornato público da edificiación; a lei establece, así mesmo, o procedemento que debe seguir a administración en caso de inmobles en mal estado nos que os propietarios non cumpren con esta obriga.
Nestes supostos debe incoarse e tramitarse un expediente de orde de execución, ben sexa de oficio ou a instancia de parte, no que deben seguirse os trámites e prazos establecidos. Na resolución deste expediente ordéanse as obras que cómpre executar e establécese o prazo no que deben realizarse; pasado o prazo, realízase a acta de comprobación por parte dos técnicos municipais e ben se arquiva, no caso de o titular dera cumprimento ao requirimento, ou ben se procede á execución forzosa, mediante execución subsidiaria ou mediante a imposición de multas coercitivas.
Dende 2013, este concello incoou máis de 340 expedientes de orde de execución; unha cifra que demostra que nin existen pasividade nin permisividade neste asunto. O goberno local é o primeiro interesado en que os inmobles deste municipio se atopen en bo estado de conservación; pero é a lexislación a que marca os responsables, as competencias, os trámites e os prazos. O criterio adoptado por este concello para a execución forzosa é, de forma xeral, a imposición de multas coercitivas, realizándose por execución subsidiaria naqueles casos nos que se constate algún risco ou perigo inminente para a seguridade pública. Cómpre facer constar, neste sentido, que aínda optando pola execución subsidaria, no caso dalgúns expedientes, o concello tampouco pode executar as obras de forma inmediata pois faise necesario tramitar o expediente de contratación correspondente e nalgúns casos, incluso, a autorización xudicial para poder acceder ao inmoble.
Quero deixar claro que os expedientes de orde de execución se están a tramitar conforme o establecido na lexislación correspondente, podendo resultar, nalgúns casos, expedientes complexos e cun período de tramitación longo, sobre todo naqueles supostos nos que se descoñece ao titular do inmoble ou nos que, aínda coñecéndoo, non é posible realizar a notificación, así como naqueles nos que o propietario desatende as multas coercitivas impostas, polo que -ao non producirse o pago de forma voluntaria- o seu importe é reclamado por vía executiva. Debe quedar claro que os propietarios dos inmobles son os responsables de garantir que estes se manteñan en condicións de salubridade, seguridade e ornato público e que a desatención aos requirimentos da administración, neste sentido, non os eximirá de dar cumprimento á lexislación vixente; continuarán sendo responsables da execución das obras.
A pesar do traballo levado a cabo polo concello nesta liña, os resultados non sempre son os agardados; entendo que dende fóra poida parecer sinxelo, pero en moitos casos o propio concello, aínda querendo, non pode actuar de forma inminente, debendo seguir os pasos establecidos na normativa vixente.
Tamén hai propietarios que arranxan as anomalías dos seus inmobles sen necesidade de incoar expedientes de orde de execución. Normalmente, cando os técnicos municipais teñen coñecemento dunha edificiación en mal estado, antes de incoar o expediente, adoitan contactar directamente co propietario para indicarlle esa circunstancia e comunicarlle a necesidade de executar as obras correspondentes, que, en moitos casos, se levan a cabo de forma inmediata, axilizando ou evitando a tramitación do expediente referido. Quero dicir, con esto, que o número de inmobles en mal estado arranxados grazas á intervención dos técnicos municipais supera, con creces, os expedientes incoados, demostrando, unha vez máis, a preocupación do concello por este asunto.
Agardo que estas explicacións sirvan para comprender cómo se tramitan os expedientes de orde de execución, sobre todo nestes días nos que se está a falar do mal estado de determinados inmobles, como é caso de Seiramar, en Covas, ou o Serra, en Pontelabrada. Quero deixar claro que o concello xa incoou, en 2015 e para ambos edificios, os correspondentes expedientes de orde de execución, seguindo a normativa vixente.
No caso de Seiramar, o concello remitiu aos propietarios do edificio diversos requerimentos, contactando con eles incluso de forma directa en diversas ocasións; neste momento, o expediente atópase en fase de execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas. Os técnicos municipais realizan, de forma periódica, labores de inspección para determinar o estado deste inmoble e, en determinadas ocasións, cando se considera que existe algún tipo de risco, xa se ten valado a zona.
Economicamente o concello non pode asumir o arranxo das vivendas do municipio en mal estado; ademais, poderíase crear un precedente polo que os propietarios deixaran nas mans do concello esta labor, cando cómpre lembrar, unha vez máis, eles son os responsables de manter as súas edificiacións en bo estado.
A día de hoxe, a opción que está valorando o concello é a de remitir todos os expedientes de orde de execución, nos que os titulares non atenden os requirimentos, á vía xudicial; pero hai que valorar se a remisión destes expedientes á fiscalía pode resultar efectiva, co fin de conseguir o arranxo dos diversos inmobles que se atopan en mal estado dentro do municipio.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



