Na cita participaron 10 alumnos procedentes da Mariña, Pontevedra, A Coruña e Asturias. O curso sobre a xestión de centralitas tivo 8 horas de duración, a mañá estivo dedicada á parte teórica e a tarde á práctica. Foi impartido polo profesor ferrolá Javier Piñeiro e no mesmo abordáronse cuestións como os métodos de lectura e escritura, borrador de luz ultravioleta, lectura virtual, lectura parcial e completa, manexo de softwares, etc. O vindeiro fin de semana tecnolóxico será o 17 de febreiro a estará centrado na soldadura por arco con electro revestido.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



