Lugo, 29 de xaneiro de 2018. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, presentou este luns o novo servizo público de inserción laboral na provincia que o Goberno Provincial ofrece gratis a veciños, empresas ou colectivos lucenses. Conta cunha oficina presencial no Pazo de San Marcos onde profesionais (axentes de emprego do organismo provincial) atenderán persoalmente e de xeito individual, ofrecendo asesoramento, ás persoas que busquen traballo, ás que desexen mellorar a súa situación laboral ou ás que queiran emprender. Tamén prestarán este servizo aos representantes de entidades ou asociacións da provincia que estean a buscar novos traballadores, orientándoos sobre os perfís que requiren, tendo en conta as súas necesidades, para mellorar ou ser máis competitivos. Ademais desta oficina presencial, porase en marcha unha plataforma web na que se poderá trasladar á Deputación toda esta información. “Contaremos con dúas importantes radiografías da provincia, a da oferta e demanda de emprego, que poñeremos en común para facilitar a inserción laboral dos nosos veciños nos establecementos lucenses”, destacou López Izquierdo.
O nome deste servizo é Axencia de Colocación posto que o seu obxectivo é insertar no mercado laboral da provincia aos lucenses que busquen traballo (tanto aos que estean no paro como a aqueles que queiran mellorar a súa situación laboral) nas empresas ou entidades que estean a buscar novos traballadores e contribuír á xeración de novas entidades, axudando aos emprendedores. É un servizo aberto a todos os veciños da provincia.
Este xoves porase en marcha no Pazo de San Marcos dita oficina, funcionando de luns a venres dende as 09:00 horas ás 14:00 horas; e estará a pleno rendemento a plataforma http://deputacionlugoportalemp.com. Tamén se pode acceder á mesma dende www.deputacionlugo.gal, pois hai un banner de enlace directo.
Un servizo máis humano
Trátase dun servizo “moi humano, próximo e fiable” ao contar coa oferta e demanda de emprego que existen na provincia, que o diferencia, deste xeito, doutras prestacións semellantes. Tanto na oficina física, é dicir, de xeito presencial, como na plataforma, telemáticamente, ofreceranse os seguintes servizos a empresas e colectivos, veciños en xeral e emprendedores:
– As empresas ou colectivos da provincia que necesiten traballadores poderán trasladar os perfís laborais que requiren ou que buscan para poder traballar ou mellorar o rendemento dos seus establecementos. Os axentes de emprego da Axencia de Colocación da Deputación ofreceranlles candidatos (que serán veciños da provincia) que satisfagan as súas necesidades. Tamén lles ofrecerán un asesoramento individual e continuado, en encontros ou reunións, para verdadeiramente definir as súas necesidades e os perfís laborais que requiren.
– Os veciños da provincia, desempregados ou non, poderán trasladar os seus currículos. Os axentes de emprego da Axencia de Colocación da Deputación porannos en contactos con empresas e colectivos da provincia que busquen perfís laborais de acordo aos seus. Tamén lles ofrecerán un asesoramento individual e continuado, en encontros ou reunións, para axudarlles a atopar emprego. Por exemplo, un veciño desempregado maior de 50 anos, que sempre traballou no sector da construción e conta co graduado escolar. Neste hipotético caso, os axentes de emprego analizarían co mesmo todas e cada unha das súas potencialidades, dende que teña carné de conducir ata as súas aptitudes persoais, para propoñerlle que sexa candidato a postos de traballo para os que reúna as condicións e que poida desenvolver con éxito.
– Os emprendedores contarán con asesoramento individual en todos os aspectos para a posta en marcha dos seus establecementos.
O Ben Empregado como base
López Izquierdo explicou que “foron centos e centos de empresas e veciños da provincia que solicitaron perfís laborais e traballo a través das distintas edicións do Ben Empregado. Isto permitiunos coñecer de xeito persoal, nas milleiras de entrevistas que mantivemos cos mesmos, as necesidades de moitísimas entidades e a formación e aptitudes de centos de demandantes de emprego. Por este motivo, porémonos en contacto con todos eles que non resultaron beneficiados para convidalos a forma parte da Axencia de Colocación”.






















Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



