Lugo, 29 de xaneiro de 2018.- O Grupo Provincial do Partido Popular lamenta a tardanza do equipo do Goberno na Deputación que anuncia hoxe, despois de ser aprobado por unanimidade no Pleno de maio de 2016, a creación do Consello Provincial de Turismo e a aprobación do seu regulamento. Así, desde o PP amosan a súa satisfacción “aínda que con cautela” porque decidan crear e poñer en marcha este órgano, pero lamentan que tardasen tanto tempo en levalo a cabo.
Os populares recordan que tardaron un ano e oito meses desde que o seu Grupo propuxo a creación do ente provincial de turismo a través dunha moción, ou, se o prefiren, un ano desde que o Eixo Atlántico trasladou a necesidade de contar cun órgano provincial que impulse de forma homoxénea e conxunta as accións en materia turística, coincidindo coa presentación do informe sobre turismo da provincia de Lugo, en febreiro de 2017.
Unha proposta do PP
En concreto, os populares conseguiron o apoio da Corporación en maio de 2016 para que, “a maior brevidade posible”, se constituíra o Consello Sectorial de Turismo, como órgano de participación, información e asesoramento do sector turístico de toda a provincia no que teñan representación e cabida todos os axentes implicados e tendo en conta no referido á súa composición e funcionamento os mínimos establecidos no propio Regulamento da Institución Provincial.
Os socialistas fixeron oídos xordos ao acordo do Pleno e ás recomendacións do Eixo Atlántico durante todo este tempo e agora presentan unha simple proposta para crear un consello xa previsto no Regulamento Orgánico da Deputación, un trámite que podía ter sido moito máis áxil.
Un ano e oito meses mareando a perdiz
“Pasaron todo este tempo mareando a perdiz e cargando contra o PP por pedir a creación dun ente, cando no Pleno de 2016 os populares defenderon a constitución do Consello Provincial de Turismo, con independencia da súa denominación, que aglutinase os entes e axentes implicados no desenvolvemento e na promoción do turismo da provincia”, explican desde o PP. “Finalmente son eles mesmos os que lle chaman ‘ente’ no resumo do Plan Estratéxico de Turismo e niso perderon máis de ano e medio”.
Desde o Grupo Provincial do PP recordan que a Deputación de Lugo ten feito un importante investimento, preto de 60.000 euros, no 1º Plan Estratéxico de Turismo, un documento que os socialistas non deron a coñecer de maneira íntegra, pese a ser a base do Consello de Turismo que veñen de crear. “Seguen destinando cuantiosos recursos a plans que nin se coñecen e que non valeron para nada en concreto, mentres fan declaracións públicas nas que sosteñen que non son competentes na materia”, critican os populares.
Os populares amósanse críticos ante o feito de que non desen cumprimento á meirande parte das accións turísticas incluídas no resumo do Plan Estratéxico 2017-2020 de maneira que pese a presentar recentemente o spot Lugo Cambia con eles no Goberno “nada cambia”.
O Grupo Provincial do PP denuncia que foron dez anos perdidos para o turismo da provincia, posto que tivo que ser o Goberno do PP o primeiro en crear unha área con este cometido na Deputación. Por iso, anuncian que estarán vixiantes para que o consello que hoxe anuncian se leve a cabo un verdadeiro traballo conxunto coa finalidade de lograr que Lugo sexa un destino turístico sostible, innovador e competitivo.
“Queremos un consello a través do que se impulse e coordine o traballo de todos os axentes implicados para que, entre todos, sexamos capaces de converter os 67 municipios da provincia en destinos turísticos”, conclúen.




















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



