Burela (Lugo), 2 de febreiro de 2018.- A secretaria xeral de Podemos Galicia e deputada no parlamento galego de En Marea, Carmen Santos, sinalou hoxe na súa visita á Mariña que “non ten sentido ampliar hospitais e quitar servizos sanitarios”. Santos realizou estas declaracións tras manter unha reunión coa xunta de persoal do Hospital dá Costa e membros da “Plataforma na defensa da sanidade da Mariña” esta mañá en Burela.
Carmen Santos quixo incidir na demagoxia coa que o partido popular está a abordar o tema na mariña e puxo de exemplo a política de propaganda respecto ao servizo de oncoloxía. Un servizo que cualificou de “incompleto”. A secretaria xeral de Podemos indicou que “veñen especialistas de 9 a 2 de Lugo a pasar consulta; pero se un paciente ten unha crise fóra dese horario non hai ningún oncólogo que poda atendelo no hospital dá Mariña”, para logo sinalar que “o señor Feijóo minte e convirte aos veciños dá comarca en galegos de segunda respecto aos de outras áreas”.
Santos tamén indicou que o Partido Popular “ fai política sanitaria de ladrillo”, ampliando por exemplo o espazo dás consultas no Hospital dá Costa, para logo cuestionarse “de que serve ter consultas amplas se se perde a condición de hospital xeral, non se dan servizos e non se teñen medios nin persoal”. Para a secretaria xeral de Podemos Galicia o PP dá un paso máis e “tras os aeroportos sen avións, as casas nas que non pode vivir a xente e as autoestradas que hai que rescatar porque non pasan coches, chegan os hospitáis sen servizos, sen médicos, sen técnicos e sen enfermeiras”
Por último, a secretaria xeral de Podemos Galicia quixo amosar o seu total apoio aos profesionais e usuarios da sanidade pública na Mariña -cuxa área sanitaria é unha das que eliminará a lei de saúde que propuxo o PP de Galicia-, fronte a xestión “oscurantista” da xerencia do Hospital dá Costa; polo que se uniu á petición de dimisión que nos últimos días formularon distintos colectivos da comarca .“Non se está defendendo a sanidade dá comarca, nin a saúde dos veciños e veciñas da Mariña”.
Reunión con inscritos
A secretaria xeral de Podemos tamén mantivo unha reunión á primeira hora da tarde con membros dos círculos de Burela, Viveiro e Foz e inscritos, militantes e simpatizantes de toda a comarca na que se abordaron outras cuestións como a situación da Vía de Alta Capacidade Ferrol-A Espiñeira, a precariedade no transporte de viaxeiros (tanto o transporte por estrada como o transporte por ferrocarril) ou o estado da Praia de Covas entre outros temas.



















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



