Nesta xuntanza a concelleira daralle a coñecer os diversos recursos cos que conta Viveiro co fin de sexa valorado pola empresa como destino dos diferentes eventos que WEE organiza en Galicia. Esta xuntanza é posible grazas ao contacto establecido en Xantar 2018, a Feira de Turismo Gastronómico que se celebrou o pasado fin de semana en Ourense, demostrando a importancia de promover o noso municipio e establecer contactos coas empresas que participan nas feiras do sector.