A orixe do entroido pèrdese no tempo. Houbo épocas nas que ningunha aldea deixaba de vivir as súas entroidadas, sinxelas e liberadoras.Festas colectivas e populares, nas que todos tomaban parte. Na Galicia dos antergos o entroido sinalaba o fin do inverno e a chegada das sementeiras e o comezo da coaresma… A afección á mesa abondosa e ás libacions xenerosas son compoñentes que nos definen. O noso país sufríu fames históricas, ó punto que estudosos – coma o doutor García Sabell, médico e antropólogo eminente- chegaron a afirmar que a obsesión pola comida non é porque abunde, senon porque non a houbo; tese que compartía o prestixoso xornalista e gastrónomo Jorge Víctor Sueiro, amigo inesquecible, que vía nas fames galegas, a inclinación ás grandes comidas e cuchipandas, reacción contra a penuria sufrida, temendo que no futuro non estarían bastante alimentados…
Carlos Martínez Barbeito no libro “Galicia”, sen negar a verdade tópica que nos define só por melancólicos e soñadores,asegura que “o galego, cando se tercia, é espléndido e báquico; gran comedor, gran bebedor e gran fornicador, e dono da plenitude da vida…”.
O Carnaval polos nosos pagos viviu a evolución ó igual que o fixeron tódalas manifestacións sociais, culturais e lúdicas; pero mantén a copiosa degustación do animal que é o rei da cociña, o porco; imperio que comparte cos mariscos e os peixes das nosas costas, sendo número principal do antroido o desfile polo prato do lacón e a “cachucha”, o touciño e a costela; a orella e o rabo; o lacón e os chourizos…co aditamento de garabanzos, grelos e patacas; regado todo por un bó Ribeira Sacra; e co epílogo duns postres tradicionais e exquisitos :filloas, orellas de frade,flores do entroido, rosquiñas, follas de limoeiro, chulas…
Esquezamos, pois, por uns días, lector amigo,os ácidos úricos e colesterois;hipertensións, glucosas e demais atrancos, e comamos e bebamos. A austera coresma chega de contado e non vaia ser que os xaxúns e abstinencias que nos esperan, nos pillen sen reservas.Xa o dí a vella cantiga: “¡Adeus, martes do entroido;/ adeus meu amiguiño;/ ata domingo de Pascua, non comerei mais touciño!…”e deica un ano.


















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



