Santiago de Compostela, 17 de febreiro, 2017.- Para a deputada do BNG, Montse Prado, as consecuencias negativas da situación da flota do cerco son consecuencia da “ despreocupación do goberno” polo sector e asegurou que a estas alturas, a Xunta non pode escudarse nunha avaliación de dependencia socioeconómica para implementar medidas que se veñen aplicando “en Portugal e Andalucía ano tras ano”.
Prado cualificou de “decepciónante” un goberno que mantén “a inseguridade ” do sector sobre todo cando é consciente do reparto desigual das cotas de pesca por parte do Estado español. Neste sentido, explicou que mentres o País Vasco negocia melloras para a súa flota, dende aquí, o goberno galego mantén “unha postura indolente” que rematará como sempre, “repregándose aos ditados de Madrid”. A nacionalista preguntou qué vai facer a Xunta para defender os intereses galegos do sector?. Un sector que conta na actualidade con 154 barcos e do que viven 1.500 persoas de maneira directa.
A parlamentaria manifestou que en primeiro lugar, a Xunta debe recoñecer a existencia do problema e non seguir ocultando esta evidencia, e en segundo lugar, implementar as medidas necesarias pero, trala resposta da directora xeral de Pesca, a nacionalista replicou que “seguimos con máis do mesmo e non queren recoñecer que hai un sector que malvive”. Non metan a cabeza baixo da á e afronten a realidade porque a flota do cerco non pode estar, ano tras ano, sometida a “sobresaltos, incertidume, e incerteza constante”.
Pola súa parte, a directora xeral de Pesca anunciou que as medidas tomadas no ano 2017 terán continuidade no 2018 porque o reparto en Bruxelas das porcentaxes “son inamovibles”. A responsable de pesca coincidiu coa nacionalista en que o que realmente produce incertidume é o total do TAC que se decide cada ano


















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



