Xove 16-2-18. Na sesión plenaria deste venres, o Concello de Xove, cos 7 votos a favor do equipo de goberno do PP e a abstención dos 3 concelleiros do BNG presentes, ven de aprobar provisionalmente o orzamento do Concello para o ano 2018.
O Estado de ingresos para o 2018 ascende a 9.116.000 € e o de gastos a 7.330.200 €. O motivo de non darse unha nivelación entre ingresos e gastos é derivado da obriga legal de dar cumprimento á regla de gasto na liquidación do exercicio, polo que o orzamento se aprobará cun superativ inicial de 1.785.800 €.
O orzamento cumple deste xeito os requisitos legais de equilibrio, estabilidade e regla de gasto.
En todo caso, ese superavit inicial poderá ser usado ó longo do ano a través de modificacións de crédito en investimentos financeiramente sostibles ou en outros investimentos si tal como está a debate no Congreso se aproba unha flexibilización da regla de gasto para Concellos que non teñen débedas, como é o caso de Xove.
Dispoñer dun orzamento importante posibilitará ó Concello seguir a mellorar as nosas infraestructuras, así como todos os servizos que presta.
Xove é un Concello con unha cantidade de servizos á poboación moi importante, que son os que supoñen un maior gasto, tanto en material, dotacións e personal.
Así, os gastos de personal ascenden a 2.724.000 €, que supón o 37% do total.
Os gastos en bens correntes elévanse a 2.911.000 € (preto do 40%).
Unha parte importante supoñen tamén as axudas e subvencións a asociacións, clubes deportivos, etc. para o que se destinan 398.800 €, e donde se inclúe tamén a partida para o Plan de Emprego Municipal, con 100.000 € de dotación.
É tamén importante o Capítulo 6 de Investimentos, para o que se destina un total de 1.294.400 € (18% do gasto total), que posibilitará a realización de moitas pequenas e algunha grande obra de mellora de infraestructuras por todo o territorio municipal, así como algunha adquisición para mellorar a prestación de servizos.
A posibilidade de incrementar esta cantidade de investimentos co superavit inicial a través de modificacións de crédito, como se comentou, podería facer chegar os investimentos a 3.000.000 € de fondos propios no ano 2018.
No referente ós ingresos, os principais distribúense así:
O capítulo 1, de impostos directos (IBI,IVTM,IAE), estímanse 3.828.000 €, o 42% do total.
O capítulo 3, de taxas, 3.861.948 (42,37% do total).
O capítulo 4, de transferencias Correntes, na que se recollen axudas doutras administracións (Estado e Comunidade Autónoma), estímase 1.337.454 € (14,67% do total)




















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



