Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2018.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou hoxe o concello de Riotorto para coñecer varias iniciativas postas en marcha a través do Grupo de Desenvolvemento Rural Terra Chá. Este GDR recibiu no 2017 un total de 972.271 euros para desenvolver 13 proxectos dinamizadores a través do Fondo Europeo Agrario de Desarrollo Rural (Feader).
Durante a súa visita a responsable autonómica defendeu as posibilidades que ten o rural a través da diversificación da economía. “Non me canso de dicir que o rural non é solo gandaría e agricultura, é unha parte imprescindible, pero hai mil e unha posibilidades para sacar rendibilidade dos nosos campos, montes e paisaxes”, declarou a conselleira.
Precisamente un dos proxectos presentados era pioneiro nesta contorna. Trátase dunha iniciativa de turismo activo con excursións en todoterreo ou buggies, rutas paisaxísticas con explicacións sobre a flora e fauna autóctona e tamén sobre as explotacións agrícolas da comarca. O emprendedor que puxo en marcha este proxecto recibiu preto de 43.000 euros para un investimento de 88.429 euros que permitiron adecuar as instalacións e comprar os vehículos precisos.
Tamén en Riotorto a Xunta de Galicia impulsou outro proxecto dinamizador a través deste GDR que permitiu a rehabilitación e a posta a punto do mazo da fraga de Ferreiravella. Este lugar, onde traballaban os antigos ferreiros, pode ser agora visitado por veciños e turistas de xeito gratuíto e coñecer este oficio e a forma de vida dos que o desenvolvían. A recuperación deste espazo requiriu dun orzamento de 8.999 euros que nun 83% foi financiado a través das axudas que xestiona a Consellería do Medio Rural (7.469 euros).
A través destes proxectos, trátase de mobilizar o turismo no concello de Riotorto e, por extensión, en toda a contorna e así favorecer a creación de emprego, un dos obxectivos da consellería e da Xunta de Galicia para esta lexislatura.
En total, na convocatoria 2017/2018, o GDR Terra Chá puxo en marcha ata 13 proxectos de todo tipo que se levaron adiante cunha axuda de case un millón de euros. Na presente convocatoria 2018/2019 xa ten unha asignación prevista doutros 851.747 euros e, en total, no período 2014-2020 do Programa de Desenvolvemento Rural levará preto de 4 millóns de euros. Neste GDR están integrados os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Riotorto, Vilalba e Xermade.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



