Dos festexos e celebracións anuais do noso pobo é, sen dúbida o Carnaval o que rexistra unha maior participación popular, e no que os focegos poñen a proba o enxeño, o sentido do humor e o talante festivo e desenfadado; é tamén o Entroido, o que experimentou unha meirande evolución nos últimos anos,en que se producíu unha auténtica eclosión ao trocarse en espectáculo que en cada edición sorprende, pola súa magnitude e brillantez .
Pódese decir que, de sempre, se celebrou en Foz a festa de Carnestolendas. Ao menos, dende comezos do século XX temos constancia de cómo entón se orgaizaban comparsas que levaban polas rúas a ledicia de cancións compostas para a ocasión que, ás veces, tiñan soado éxito.
No 1910 ( hai 108 anos…!) Xosé Ramón “da Cangalla”, “Carallán”, Juan María Néciga, “O Xuez”( ou sexa, meu pai), e outros amigos, formaron unha charanga que levou a ledicia carnavaleira mais alá do seu contorno: pasaron a ría e percorreron a Mariña (entón delimitada entre Celeiro de Mariñaos e Reinante), levando no repertorio unha canción que resultara moi exitosa: “Al correr el Carnaval , es cosa linda y corriente que se divierta la gente sin causar a nadie mal. Esto es para no dudar : nuestra venturosa tierra, todo lo bello que encierra es para hacernos gozar. Ay!, qué muchachitas las de este pueblo;ay! qué salero, viva el humor:mientras que haya chicas tan bellas, es para ellas el tierno amor. Sin ti no puedo vivir, dulce encanto de mis ojos; escúchame sin enojos y no me hagas más sufrir…. ¡Vivan las muchachas que saben amar… ¡Viva la alegría!¡Viva el Carnaval…!”.
O esforzo da camiñada a pé, por camiños e corredoiras, tivo a súa recompensa: chegaron a unha casa na que, con pantragruélico xantar, celebrábase a chegada dun “habanero”, a cuxa festa familiar foron convidados. A lembranza da celebración, en tempos de despensas tan esgotadas, duroulles polo resto das súas vidas…
Un magnífico coro para celebrar o Entroido de 1934 fora artellado por Bustamante, o laredano que en Foz casara con Eugenia Oroza, e que dez anos mais tarde fora unha das 12 víctimas que formaban a tripulación do “Jesús Nazareno”; naufraxio , dado o número delas, mais dramático da historia mariñeira do noso pobo. Nesta ocasión o coro presentaba a novidade da canción-protesta “El nuevo poblador” que pasaría a formar parte das cancións populares que se cantaban a cotío na nosa vila, aínda que, por moitos anos, as circunstancias obrigaban a facelo de xeito semi-clandestino..
Numerosas foron as persoas que cada ano por rúas e xuntanzas facían alarde do seu enxeño e ledicia, e foron pezas principais para manter vivo o espíritu do noso Entroido. Pero os tempos cambearon e ás exhibicións de humor e enxeño de antano, con pobres aditamentos decorativos, recuperados dos fondos dos vellos arcóns e armarios, alí esquecidos; ofrécese agora o espectáculo deslumbrante de grupos, comparsas e charangas; carrozas e personaxes nun impresionante desfile de luz, cor e sons que convirten os Carnavais de Foz, sen dúbida, nos mais atractivos da bisbarra.
Lector amigo; dona ou cabaleiro: ogallá os disfrutes, con saúde, outro mogollón de anos…


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.