A Mariña 22-2-18. As vicisitudes do paciente remóntanse ao ano 2016, ano en que acude numerosas veces ao servizo de Urxencias con infeccións urinarias de repetición e cólicos nefríticos. Tras numerosos períodos de tempo con tratamentos antibióticos deciden facerlle unha ecografía , diagnostícase o seu mal e pónselle tratamento. É entón cando comeza a sufrir taquicardias de ate 180 pulsacións. Nen os electrocardiogramas que lle fixeron nen un rexistro posterior da actividade do corazón en 24 horas reflicten as taquicardaias , polo que se lle solicita en marzo de 2017 unha proba de esforzo que, segundo as indicacións do cardiólogo, deberá realizarse como moi tarde en 6 meses.
En febreiro do 2018 o paciente contacta coa Plataforma Sanitaria para que lle axude a facer unha reclamación, xa que hai case un ano desto. “ Receitáronme ansiolíticos, máis as taquicardias non desapareceron e a maiores teño mareos. Xa non sei se todo esto que me pasa é pola medicación que tomo, pola ansiedade ou se teño algo no corazón, teño medo de que un día me dé algo, necesito un diagnóstico”- relata o paciente.
Para a Plataforma Sanitaria é intolerable a absoluta falta de respecto e desprezo que a Xerencia do Hospital e o Sergas amosan cara @s pacientes ninguneándoos ao deixalos ate un ano sen diagnosticar e producíndolles sufrimentos innecesarios. “ Están a abrigar @s veciñ@s a denunciar, e ainda por riba búrlanse da xente ao publicar nesas reportaxes a doble páxina tempos de agarda falsos para calmar o clamor popular , que comeza a ser preocupante para el@s”- comenta o portavoz da Plataforma Sanitaria.
Manifesta tamén a Plataforma Sanitaria que cifrar en quince días o tempo de agarda medio para estudos cardiolóxicos, cando a xente está a esperar un ano ou máis é dunha desfachatez impresionante.” Teñen a cara máis dura que o cemento que están a utilizar na tan celebrada obra de ampliación por parte de Balseiro e Vega”- ironiza Victor Vila, portavoz da Plataforma.
O paciente solicita ser citado á maior brevidade posible, facendo responsable á xerencia do que lle poda ocurrir a partir da data de rexistro da reclamación.” Se non me dan solución non dubidarei en acudir á xustiza”- conclúe o afectado.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



