Ribadeo, 9 de marzo de 2018. O Concello ven de dar a coñecer o anuncio para a adxudicación do contrato de prestación do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia. O importe é de 1.670.000 euros e as empresas dispoñen de 52 días (a contar dende a publicación deste anuncio no Diario Oficial da Unión Europea, que foi o 5 de marzo) para presentar as súas ofertas. Serán prestadas un total de 31.964 horas de atención a 50 ou 60 usuarios dependentes, segundo adiantou esta mañá a concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán.
A edil ribadense anunciou que “acaba de saír a oferta pública do contrato de prestación de servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia. Debido á cantidade da oferta non só se publica no BOE e no BOP senón que tamén se publica no Boletín Oficial da Unión Europea. O valor estimado do contrato é de 1.670.000 euros, e a data límite para presentar as ofertas son 52 días contados a partires do 5 de marzo do 2018”.
Sonia Meilán explicou que “a oferta é para cubrir 31.964 horas anuais, que darían servizo máis ou menos entre 50 ou 60 usuarios, dependendo do grao de dependencia que teñan. Canto máis dependente máis horas se lle darían, e entón variaría o número de usuarios”.
A concelleira de Servizos Sociosanitarios salientou que “o servizo consiste na atención a domicilio das persoas dependentes, pero as empresas poden obter máis puntuación presentando servizos adicionais que melloren a calidade deste, como por exemplo o servizo de fisioterapia, perruquería, podoloxía, etc…, a domicilio. Terá tamén en conta a prestación dunha bolsa de horas gratuítas que nos cede a empresa, e valorarase o prezo de hora do servizo”.
Sonia Meilán engadiu que “a nosa intención non é só dar unha excelente calidade no servizo que se presta aos usuarios e usuarias, senón ademais outro tipo de prestacións importantes, para moitas persoas que non poden saír das súas casas e non poden acceder á perruquería, á podoloxía ou á fisioterapia, entre outros”.
























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



