Cervo, 14 de marzo de 2018.- O alcalde de Cervo e Vicepresidente Primeiro da Fegamp, Alfonso Villares, foi o encargado de moderar en Santiago de Compostela, o encontro de alcaldes de Portugal e Galicia que tivo lugar no salón de actos da Federación Galega de Municipios e Provincias.
A cita, na que participaron unha trintena de rexedores de Galicia (o rexedor de Brión, José Luis García, o de Ames, José Miñones, o de Ribadeo, Fernando Suárez e o de Ponte Caldelas, Andrés Díaz) e Portugal foi concibida como un intercambio de experiencias en materia de prevención de incendios.
En concreto da veciña Portugal participou a Comunidade Intermunicipal da Rexión de Coímbra (CIM- RC), que é unha asociación de municipios (NUT III) que integra aos concellos de Arganil, Cantanhede, Coímbra, Condeixa-a-Nova, Figueira da Foz, Góis, Lousã, Mealhada, Mira, Miranda do Corvo, Montemor-o- Vello, Mortágua, Oliveira do Hospital, Pampilhosa da Serra, Penacova, Penela, Soure, Tábua e Vila Nova de Poiares.
A razón desta visita foi que tras os incendios forestais ocorridos en 2017 na rexión portuguesa, que destruíron cerca de 122 mil hectáreas de área forestal e causaron numerosas mortes, a CIM decidiu realizar unha visita a Galicia considerándoa unha rexión onde son aplicadas as mellores prácticas. O obxectivo desta visita era coñecer toda a estrutura de protección civil, emerxencias, xestión e prevención forestal da Xunta de Galicia, a fin de permitir o intercambio de experiencias e así adquirir nova metodoloxía de preparación e intervención.
Villares resaltou que o encontro foi moi positivo en todos os sentidos “e serviu para poñer sobre a mesa as diferentes políticas de prevención e liñas de traballo deseñadas para abordar esta problemática”.
Na súa intervención, Villares defendeu a necesidade de incidir na prevención “como a mellor arma para tentar loitar contra esta lacra; e neste senso, en materia de política forestal é fundamental a implicación de todos os actores, Administracións (Xunta, Deputaciós e Concellos) e cidadáns; para, entre todos, artellar os mecanismos que salvagarden os nosos bosques”.
Así mesmo, o rexedor de Cervo, tamén fixo fincapé na importancia de buscar o rendemento produtivo da nosa terra, aproveitala para que produza riqueza; “porque unha xestión responsable pode ser o acicate que contribúa ademais a revitalizar o noso rural”.
Villares remarcou que non debemos demonizar ningunha especie, porque non hai dúbida de que o monte arde porque alguén lle planta lume; pero si que resulta primordial respectar a normativa en materia de plantación de árbores, nomeadamente daquelas de crecemento rápido, “porque unha adecuada xestión da súa ubicación, densidade ou manexo, fai compatible a súa explotación coa doutras masas árboradas autóctonas e produtivas, podendo converterse estas últimas en opcións moi favorables ademais para o asentamento de nova poboación no rural”.
O alcalde presentou na sala o Plan de Reforestación Integral que iniciamos no Concello de Cervo fai dez anos en 5 fincas de titularidade municipal “consistente na repoboación destes bosques, que suman máis de 20 Ha, con árbores do país, e a día de hoxe xa son máis de 8.000 as especies -entre castiñeiros, carballos e frondosas autóctonas- que plantamos”.
Recordou que os obxectivos que perseguimos desde o Concello de Cervo con esta política medio ambiental son “traballar pola prevención de incendios, facendo unha aposta polo autóctono; así como o aproveitamento produtivo do monte, que será herdanza para as futuras xeracións; e a defensa do patrimonio forestal galego”.
Villares tamén abordou as diferentes actividades que se programan ao longo do ano no eido educativo co fin de concienciar aos rapaces desde pequenos en materia medio ambiental “de tal xeito que organizamos conxuntamente cos centros educativos varias saídas para que eles mesmos se impliquen na plantación de especies autóctonas nas parcelas municipais”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



