Burela 23-3-18. O Pescados Rubén Burela regresa de terras andaluzas con tres puntos e vitoria sen contemplacións sobre Cádiz Polideportivo FSF (0-11), pechacancelas de Primeira RFEF. As pupilas de Julio Delgado e Lucas, que xa tiveran un toque de atención a semana pasada para facerse co duelo irmandiño con Cidade das Burgas, non quixeron deixar nada ao azar e ataron o partido desde o principio.
“Encaramos moi ben o partido; puidemos materializar nas 2-3 primeiras chegadas a portería e despois todo foi rodado” explicaba Julio Delgado ao final dun encontro no que as laranxas xa dispoñían dunha vantaxe de 0-4 no minuto 8, con dianas de Dany, Jenny, Tai e Bea Mateos. O Cádiz intentou reaccionar con porteira jugadora xa na primeira parte sen marxe de manobra fronte a un Pescados Rubén que recibiu o descanso cunha fenda moi cómoda, 0-6, con Cilene e de novo Dany.
As galegas apostaron en todo momento por manter a intensidade e a concentración, cunha segunda parte na que se distanciaron ata o definitivo 0-11, co terceiro da tarde para Dany, repetindo Jenny, Cilene e Tai, e con complemento de Lara.
Ficha técnica
Cádiz Polideportivo FSF: Lucía, Elena, María, Bea, Noe, cinco inicial; tamén xogaron Tere, Pelu, Emma, Ana T. Claudia.
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Sara Correia, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Tai, Lara, Jenny
Goles: 0-1, minuto 5, Dany; 0-2, minuto 6, Jenny; 0-3, minuto 7, Tai; 0-4, minuto 8, Bea Mateos; 0-5, minuto 11, Cilene; 0-6, minuto 18, Dany; 0-7, minuto 25, Dany; 0-8, minuto 27, Jenny; 0-9, minuto 30, Cilene; 0-10, minuto 33, Lara; 0-11, minuto 37, Tai
Árbitros: Páez Rueda // Quintana Vela (Colexio Andaluz). Por Burela, amarela a Ana Romeu e Bea Mateos.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 22 de Primeira RFEF disputado no pabellón Mirandilla
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
