Nota de Prensa
Os populares afirman que afortudamente rematou o tempo no que o bipartito autonómico vetaba calquera iniciativa que puidera redundar en beneficio dos veciños do noso concello
O PP AFIRMA QUE A OPOSICIÓN EN CERVO ESTÁ “FÓRA DE XOGO” TRAS OS ÚLTIMOS PROXECTOS E INVESTIMENTOS COMPROMETIDOS POLA XUNTA PARA O MUNICIPIO
* Presentan ao PSOE como un partido incapaz de levar adiante unha soa xestión positiva para o concello e que pretende agora apropiarse das iniciativas impulsadas polo Goberno municipal como o Obradoiro de emprego e o apoio a Sargadelos.
* “Co trigo que nos deron desde o BNG moita fame pasamos en Cervo” espetan os populares aos nacionalistas tras asegurar que o BNG borrou do mapa de Galicia a este concello, e salientar que son o único grupo municipal que cuestiona e critica a creación dunha residencia con centro de día.
Cervo, 21 de xaneiro de 2009.- O Partido Popular afirma que os grupos da oposición en Cervo (PSOE e BNG) están “fóra de xogo” tras coñecerse os últimos proxectos e investimentos comprometidos pola Xunta para o municipio. Os populares din que afortudamente rematou o tempo no que o bipartito autonómico vetaba calquera iniciativa que puidera redundar en beneficio dos veciños e que agora o Executivo que lidera Alberto Núñez Feijóo é unha fonte permanente e constante de boas novas que contribuirán non só a mellorar múltiples servizos municipais, senón tamén a garantir o desenvolvemento futuro e o progreso deste concello.
MELLORAS NO SANEAMENTO E BENESTAR
Os populares cervenses felicítanse pola achega de máis de un millón de euros para a construción da estación depuradora de augas na capital municipal e para as obras de mellora no saneamento desta localidade actuación adxudicada días atrás pola Xunta, e que implicarán a mellora no saneamento. Amósanse satisfeitos tamén polas últimas boas novas en materia de benestar, despois de que a Xunta acordara dotar dunha residencia con centro de día ao municipio. En opinión dos populares estas e outras actuacións promovidas pola Xunta popular contrastan co acontecido ata o de agora e deixan en evidencia a falta de compromiso dos partidos da oposición cervense. Demóstrase sen espazo para dúbidas quen defende axeitadamente os intereses dos veciños e quen non o fai en referencia a socialistas e nacionalistas.
APROPIARSE DE IDEAS ALLEAS
No PP aseguran que o PSOE, durante estes catro últimos anos, e a pesar de ter Gobernos da súa mesma cor política tanto na Xunta -o anterior bipartito- como na Deputación, foi incapaz de desenvolver unha soa xestión positiva para o concello. De feito fixo todo o contrario, prexudicando os intereses dos veciños como aconteceu cando a Xunta bipartita rescindiu o contrato de saneamento integral de San Ciprián hoxe afortudamente recuperado.
Os populares pensan que os socialistas van a rebufo e que incluso pretenden apropiarse das iniciativas impulsadas desde o Goberno municipal. Exemplifican a devandita acusación lembrando o acontecido en relación coas iniciativas de fomento do emprego. De feito, é o Goberno municipal quen está a traballar pola posta en marcha en Cervo dun Obradoiro de emprego e dunha batería de medidas en apoio das empresas Cerámica de Sargadelos e de Alcoa e as súas auxiliares. Iniciativas que agora os socialistas pretenden facelas pasar como propias se escoitamos as súas últimas declaracións nos medios de comunicación pero ás que o PSOE chega con meses de atraso.
O BNG EN NEGATIVO
O PP de Cervo censura tamén a actitude dos nacionalistas locais e neste caso recuperando un simil empregado polos nacionalistas explican que “co trigo que nos deron as áreas nacionalistas da Xunta na anterior lexislatura moita fame pasamos en Cervo” xa que este concello desapareceu do mapa de Galicia para as consellerías do BNG que actuaron como se non existiramos.
Os populares lamentan especialmente que o voceiro local do BNG sexa o único que cuestiona e critica a creación dunha residencia con centro de día en San Ciprián e felicítanse porque esta noticia teña lugar agora, pois con toda probabilidade se fora un proxecto consignado con anterioridade, o BNG actuaría como fixo co Cinto Industrial de Alcoa, isto é deixar sen efecto o proxecto e borrarnos unha vez máis do mapa.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



