Lugo, 6 de abril de 2018. A Parlamentaria do BNG, Olalla RodiI, referiuse aos orzamentos do estado no referente ás partidas para a provincia de Lugo e sinalou que “as infraestruturas fundamentais para a vertebración territorial da provincia como as autovías a Ourense e a Santiago continúan sen ser unha prioridade para o Goberno español”.. O proxecto de Orzamentos é polo de agora papel mollado para Lugo e para Galiza porque o Goberno de Mariano Rajoy non conta con apoios suficientes para sacalos adiante. “Aínda así, as contas do estado para 2018 son unha nova tomadura de pelo para Lugo” concluíu Rodil.
As contas do Estado español son a mostra da enésima labadaza que o Estado dá a Galiza coa complicidade do Partido Popular na Xunta de Galiza e unha tomadura de pelo máis para a veciñanza das localidades e comarcas de Lugo que seguirán, se nada cambia e grazas ao PP, sen tren e cunhas infraestruturas que non garanten os seus dereitos nin a atención das súas necesidades.
Olalla Rodil resaltou que “o grao de execución dos exercicios anteriores é o que realmente define as políticas do PP e o seu compromiso con Lugo, pouco máis do 50% foi o executado”. Parqa o BNG “é moita propaganda, moita promesa pero pouca efectividade, o papel terma de todo mais o investimento real, a execución, é outra cousa e aí é onde se ven os verdadeiros compromisos”. Ademais, o Goberno de Mariano Rajoy evidencia que as súas promesas electorais no necesario arranxo e mantemento que precisan as estradas estatais en Galiza foron só fume.
As previsións orzamentarias son claramente insuficientes e eternizan, aínda máis, o remate das obras destas dúas infraestruturas, A-56 e A-54, tantas veces anunciadas. Os orzamentos do estado non contemplan, tampouco, a liberalización do dique de Morás na Mariña para uso comercial, ignorando así o acordo unánime obtido polo BNG no Parlamento de Galiza. Os Orzamentos para 2018 prevén cifras irrisorias (un millón de euros) para acometer as urxentes actuacións que precisa a N-540 pois actualmente o firme deste vial é intransitábel o que pon es risco mesmo a seguridade da condución. Doutra banda, nin sequera se contempla un só euro para a A-6 en 2018 malia o mal estado no que se atopan os tramos de Baralla, O Ceao, Outeiro de Rei e Baamonde.
En materia ferroviaria o Goberno confirma que a alta velocidade non vai chegar a Lugo pero, desde o BNG, o que realmente nos preocupa é que o investimento proxectado (7,7 millóns de euros, a metade que en 2017) evidencia que non se desenvolverá a urxente e necesaria modernización e electrificación do tren a Lugo. “É insultante que o Goberno español manteña esta discriminación no interior de Galiza e especialmente en Lugo”. Rodil referiuse tamén ao abandono das liñas do FEVE na Mariña para as que non se contemplan as partidas necesarias.
Rodil cualificou de “verdadeira tomadura de pelo” as previsións do Goberno español en materia ferroviaria. Prevén investir a metade que en 2017 e unha contía moi lonxe das promesas que se fixeron para 2018. Queda en evidencia neste proxecto de orzamentos que a alta velocidade non vai chegar a Lugo, que foi un engano do Partido Popular e que o AVE a esta cidade nin sequera está nos plans do Goberno. Manteranse as liñas de Lugo sen electrificar e cunha previsión orzamentaria ridícula para facelo: só un millón de euros para o tramo Monforte Lugo en 2018.
O mesmo na partida dirixida á renovación da liña e variantes nese tramo Lugo-Monforte con 2,6 millóns de euros. Levamos agardando a que se abra a Variante da Pobra de San Xiao (7 quilómetros) 11 anos. Vista a proposta de Orzamentos do Estado, Lugo vai continuar mantendo unha liña ferroviaria propia do século XIX, sen electrificar, sen conexións e sen atender as necesidades de mobilidade da poboación. Rodil lembrou que “na TrainMovie, na viaxe, que fixemos desde o BNG a Santiago de Compostela e que nos levou 5 horas dende Lugo”.
“Desde o BNG defendemos o dereito da cidade e da provincia a contar cun tren do século XXI e por iso a semana que vén levaremos ao Pleno do Parlamento unha iniciativa cunha batería de propostas para demandar ao Goberno español, un Plan de Compensación en materia ferroviaria que inclúa compromisos concretos dirixidos especialmente ao interior de Galiza. Tanto na mellora e modernización da liña Lugo-A Coruña como Lugo-Ourense” dixo Olalla Rodil.
Está a negársenos un dereito e por iso a inicitiva inclúe tamén atransferencia a Galiza das competencias en materia de ferrocarril co obxectivo de constituír unha compañía ferroviaria galega (GALTREN) que permita converter o tren nun elemento de desenvolvemento social, económico e de vertebración territorial.



















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



