Alumnos e alumnas de 1º da ESO dos centros educativos focenses O Pilar, Martínez Otero e IES de Foz asistiron ás charlas sobre como se prepara a previsión do tempo que se ofrece na Televisión de Galicia (TVG) que deu hoxe no salón de actos do Cenima a xornalista da canle autonómica Mabel Montes. Nesta iniciativa, organizada polo Concello de Foz, estiveron presentes tamén o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Antonio Hermida Fernández.
