Ribadeo, 09 de abril de 2018. DON FERNANDO SUÁREZ BARCIA, ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO
FAI SABER
QUE CON MOTIVO DA APERTURA DO PERÍODO DE COBRO DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA CORRESPONDENTE Ó ANO 2018, A CARGO DO SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E DE RECADACIÓN DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL, E DE CONFORMIDADE CO ESTABLECIDO NOS ARTIGOS 24 E 25 DO REGULAMENTO XERAL DE RECADACIÓN, APROBADO POR REAL DECRETO 939/2005, DO 29 DE XULLO, COMUNÍCASE QUE O PRAZO DE INGRESO EN PERÍODO VOLUNTARIO EMPEZARÁ A CONTAR O 16 DE ABRIL ACTUAL E REMATARÁ O 18 DE XUÑO DE 2018, AMBOS OS DOUS INCLUSIVE, PODENDO ABONA-LO EN EFECTIVO NAS OFICINAS DE ABANCA, DE “LA CAIXA”, DO BANCO DE SABADELL E DO BBVA, EN DÍAS LABORABLES, DE LUNS A VENRES, DE 08:30 A 14:00 h, PRESENTANDO O DOCUMENTO DE INGRESO QUE, A TAL EFECTO, SE REMITE Ó DOMICILIO DOS CONTRIBUÍNTES.
AQUELAS PERSOAS QUE, POR CALQUEIRA CIRCUNSTANCIA, NON RECIBAN OU EXTRAVÍEN O DOCUMENTO DE INGRESO MENCIONADO, PODERÁN SOLICITAR UN NOVO NA ENTIDADE BANCARIA E REALIZAR, IGUALMENTE, O PAGAMENTO.
TRANSCURRIDO O PRAZO DE PAGO EN PERÍODO VOLUNTARIO, AS DÉBEDAS FARÁNSE EFECTIVAS POLA VÍA DE CONSTRINXIMENTO E SERÁN ESIXIBLES AS RECARGAS DO PERÍODO EXECUTIVO E OS XUROS DE MORA NOS TERMOS DOS ARTIGOS 26 E 28 DA LEI XERAL TRIBUTARIA 58/2003, DO 17 DE DECEMBRO E, SE É CASO, AS CUSTAS QUE SE PRODUZAN.
PODERÁ DOMICILIARSE O PAGO DAS DÉBEDAS TRIBUTARIAS PARA ANOS SUCESIVOS EN CAIXAS DE AFORRO, BANCOS E DEMÁIS ENTIDADES FINANCEIRAS, CUMPRIMENTANDO O IMPRESO DE DOMICILIACIÓN QUE ACOMPAÑA Ó DOCUMENTO COBRATORIO E REMITÍNDOO Ó SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E DE RECADACIÓN, OU BEN ENTREGÁNDOO NA DEPENDENCIA DE RECADACIÓN DESTE CONCELLO OU EN CALQUEIRA OFICINA DE ABANCA CANDO A DOMICILIACIÓN SE REFIRA A UNHA CONTA ABERTA NESTA ENTIDADE.
O QUE SE FAI PÚBLICO PARA XERAL COÑECEMENTO.
O ALCALDE
Fernando Suárez Barcia




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



