Viveiro 11-4-18. Na Xunta de Goberno Local de data 9 de abril de 2018, acordouse a aprobación dos seguintes proxectos:
– Proxecto para a reposición de firme e rexeneración de isletas existentes fronte á zona escolar da rúa Martín Ledesma-Viveiro.
O obxectivo desta actuación é mellorar a calidade dos servizos ofrecidos tanto aos habitantes coma aos visitantes deste concello; preténdese mellorar os accesos á praia de Covas, un dos areais máis emblemáticos do norte de Lugo.
A día de hoxe e dada a masiva afluencia de xente á zona escolar existente nas proximidades, así como á praia referida, provocaron que este vial se deteriorara de tal maneira que, nalgúns casos, dificulta a circulación dos vehículos, debido aos baches e socavóns que presenta, sendo necesaria a intervención de reposición de firmes para garantir o bo tránsito circulatorio.
As obras que se van realizar na Avda. Martín Ledesma consisten en:
. Mellora da capa de rodadura: mediante reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axustadas ás características do tráfico rodado que soportan.
. Acondicionamento das isletas de tráfico: mediante a substitución do actual bordillo de formigón que as delimita, así como a rexeneración das zonas verdes existentes no seu interior e a dotación de rego automático.
. Dotación de pasos de péons elevados: dotación de dous pasos de peóns elevados.
. Saneado de sumideiros y canalización das pluviais: reposición de sumideiros e da canalización de augas pluviais deterioradas, co obxectivo de garantir a evacuación das devanditas augas.
. Pintando de marcas viais: pintado de cebreados, símbolos e liñas de delimitación de isletas, vial e zonas de aparcamento.
O presuposto de contrata desta obra ascende a 97.367,54 €.
– Reposición e mellora do firme nas rúas denominadas Rego das Frores, Alonso Pérez e Jesús Noya no núcleo urbano de Viveiro (Lugo).
Esta acción enmárcase nas actuacións municipais de mellora nas zonas urbanas do municipio, procedendo á rexeneración de pavimentos deteriorados pola antigüidade e desgaste dos mesmos, e que o seu uso actual demanda unha intervención no mesmo. Ademais, proveerase a actuación dos elementos necesarios de conducción das augas de esconrrentía á rede de colectores naqueles casos nos que non existe ou ben o seu funcionamento se observe que é insuficiente.
Na actualidade os viais nos que se vai actuar atópanse pavimentados por lousa de formigón armado e rego asfáltico, atopándose o firme moi deteriorado.
A actuación que se pretende levara cabo consiste nunha mellora dos referidos viais, mellorando a capa de rodadura mediante a aplicación de aglomerado en quente de 10 cm de espesor medio. Farase limpeza de cunetas e as obras de albañilería necesarias para elevar as tapas de rexistro existentes de pozos, sumideiros, etc.
O presuposto de contrata desta obra ascende a 57.632,46 €.
Tras a aprobación dos proxectos na Xunta de Goberno Local do pasado luns, continuarase coa tramitación dos expedientes para proceder á súa licitación.
Estas dúas obras están incluídas no convenio que este concello asinou coa Deputación Provincial de Lugo en data 21 de decembro de 2017, por importe de 155.000 euros, sendo financiadas integramente polo ente provincial.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



