Burela, 11 de abril de 2018. A Concellería de Inmigración e Cooperación convoca o V Concurso de Lemas e o V Concurso de Debuxo e Pintura Mural con motivo da celebración hai uns días do Día Internacional para a eliminación da discriminación racial.
A concelleira Angélica Gómez salientou que “os obxectivos de ambos certames son transmitir, a través de mensaxes curtas ou debuxos, a importancia da educación en igualdade e a necesidade de eliminar a discriminación racial, así como a súa prevención. As bases para poder participar nestes concursos pódense obter na Casa do Concello o una páxina web do mesmo”.
No V Concurso de Lemas poderán participar todas as persoas empadroadas no Concello de Burela e/ou escolarizadas en calquera dos centros educativos do municipio, así como os usuarios/as da asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña e a Fundación Eu Son. Cada participante pode enviar ata un máximo de 5 lemas.
O lema debe constar de sete palabras como máximo, ser suficientemente significativo e estar relacionado co tema proposto.
Entre todos os lemas enviados escollerase un, que será o que distinga a celebración do Día Internacional para a eliminación da discriminación racial do ano 2019, e que será o gañador do premio valorado en 60 euros.
O prazo de entrega de traballos rematará o vindeiro 20 de abril. Cada participante proporalle á organización os lemas que elixiu enviando unha mensaxe de correo electrónico a integracioninmigrantes@burela.org co asunto V Concurso de Lemas – Día Internacional para a eliminación da discriminación racial. Deberá incluír o seu nome completo, idade, número de teléfono e unha dirección de correo electrónico á que se poida responder.
A persoa gañadora accederá a que a organización recoñeza publicamente a autoría do lema e divulgue o seu nome. Conservará os dereitos intelectuais sobre o lema, pero renunciará a reclamar calquera tipo de compensación pola utilización do lema por tempo indefinido en calquera mención presente ou futura do Concello de Burela.
As bases do V Certame de Debuxo-Pintura Día Internacional para a eliminación da discriminación racial recollen que poderán participar rapaces/zas dende o 6 anos en diante, sen límite de idade, empadroadas no Concello de Burela e /ou aquelas persoas escolarizadas en calquera dos centros educativos do municipio. Haberá dúas categorías, de 6 a 12 anos, e de 13 anos en diante.
A técnica de debuxo é libre e a medida de folio DIN A4.
Haberá un premio para cada categoría consistente na publicación do debuxo seleccionado conmemorando o Día Internacional para a eliminación da discriminación racial, e agasallo de 60 euros.
Os orixinais deberán enviarse sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos datos persoais d@ autor@, e poderán presentarse ou dirixirse ao Programa de Atención a Inmigrantes do Concello de Burela (rúa Eijo Garay, 20 27880-Burela), ou nos centros de Educación Primaria e Secundaria da localidade.
O prazo de recepción de orixinais remata tamén o 20 de abril.
A organización reservarase o dereito a quedarse cos traballos presentados e de publicar os orixinais se fora o caso.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



