Leiro (Ourense), 13 de abril de 2018.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe en Leiro a sexta edición dos “Premios Coopera”, que teñen como obxectivo poñer en valor e recoñecer as iniciativas de colaboración entre os concellos galegos. Nesta ocasión, os tres primeiros premios recaeron, por esta orde, nas mancomunidades de Terra de Celanova, a Mariña Lucense e Terras do Avia.
Durante a súa intervención, Rueda destacou a importancia da colaboración, porque redunda non só en beneficio de cada municipio, senón tamén no conxunto de toda a súa veciñanza. Ao respecto, puxo en valor que o traballo colaborativo das entidades locais tense xa consolidado como un modelo de prestación de servizos públicos, cando hai anos estes exemplos de xestión eran moito máis escasos.
Ademais de que cada vez son máis numerosas iniciativas conxuntas como as recoñecidas hoxe, cómpre recordar ademais que en Galicia xa se teñen producido dúas fusións de concellos, e que a maioría de ordes de axudas da Xunta ás entidades locais priorizan os proxectos compartidos. Grazas a todo isto, Galicia sitúase a día de hoxe á cabeza da cooperación municipal en España.
Neste sentido, o vicepresidente da Xunta apostou por seguir redobrando esforzos na cooperación entre concellos porque, en tanto se ten demostrado como unha ferramenta moi útil ante a crise económica, pode ser tamén un elemento fundamental para facer fronte á crise demográfica.
Os premiados
O primeiro premio deste ano recaeu na mancomunidade Terra de Celanova, que comprende os concellos de Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea. Foron recoñecidos pola súa iniciativa para a implantación dunha aula de conciliación e de actividades formativas para mulleres.
Este proxecto busca mellorar os servizos prestados polo Centro de Información á Muller da Mancomunidade. Así, a través da aula de conciliación, un profesional encargarase das actividades de atención aos nenos e nenas de entre 3 e 17 anos dos concellos da Mancomunidade. Ademais, tamén se impartirán accións formativas a homes e mulleres para o intercambio de tarefas e responsabilidades no ámbito doméstico.
O segundo galardón desta edición foi parar á mancomunidade da Mariña Lucense (Alfoz, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove, Barreiros, A Pontenova, Ribadeo, Trabada e Riotorto).
Esta mancomunidade presentou o proxecto ‘Catuxa’, que responde ás siglas de Coeducación, Aprendizaxe Transversal e Unidade de Xénero para a Adolescencia. Levarase a cabo nos 11 Institutos de Educación Secundaria (IES) da mancomunidade, co obxectivo de sensibilizar sobre a violencia de xénero e promover relacións igualitarias no entorno escolar.
Por último, a mancomunidade Terras do Avia foi recoñecida co terceiro premio polo seu proxecto ‘Creando o xeodestino O Ribeiro-O Carballiño’. O ámbito de actuación comprende un total de 19 concellos: os 4 da mancomunidade e outros 15 (Arnoia, Amoeiro, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Maside, O Carballiño, O Irixo, Piñor, Pontedeva, Ribadavia, San Amaro e San Cristovo de Cea).
O obxectivo desta iniciativa é fomentar o turismo nesta zona a través dun plan de actuación plurianual que aporte certeza aos concellos que a conforman, confianza no empresariado e axentes turísticos locais, e que xere un sistema de promoción e comunicación estable no mercado.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



