Lugo, 18 de abril de 2018. O Presidente e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, xunto ao Tenente de Alcalde do Concello, Francisco Martínez Bermúdez, e o Presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), Francisco Javier Rois Freijo, presentou este mércores a XL Festa da Troita da Pontenova, que terá lugar os días 30 de abril e 1 de maio no municipio mariñán. O Goberno da Deputación, xunto co Concello, promoven a organización deste evento cun investimento de 9.000 euros, sendo as únicas administracións que apoian esta cita.
Campos Conde subliñou que “a Festa da Troita cumpre 40 edicións totalmente consolidada no calendario festivo galego como unha das citas que atraen a un maior número de visitantes entre pescadores chegados de diferentes puntos de España como Palencia, Burgos, ou Asturias que acoden a competir coas súas familias; e veciños da provincia de Lugo e da comunidade galega que veñen a degustar as troitas nas casetas da festa. Trátase, polo tanto, dun evento con gran relevancia non só para a economía do Concello, senón tamén do conxunto da Comarca, pois durante dous días recibiremos a visita de milleiros de persoas que se hospedarán e xerarán riqueza entre os nosos establecementos de ocio e restauración”.
O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova avanzou que “este ano, como novidade, inauguramos o I Mercado Festa da Troita que contará con máis de 10 postos de artesanía e de comida típica e tradicional e que estará situado na Praza do Concello, como un atractivo máis da cita. Estamos seguros de que tanto os artesáns como as persoas que participen nesta nova edición da Festa da Troita quedarán con ganas de repetir en vindeiras ocasións”.
O evento, declarado Festa de Interese Turístico Galego e Interese Turístico Deportivo Nacional, reunirá a 120 pescadores e milleiros de visitantes que poderán gozar dunha ampla programación, coa degustación de troitas nas casetas, acompañadas con pan e viño, a un prezo de 5 euros; os concursos de pesca nas modalidades de lance, salmón e mosca; así como diferentes actuacións musicais e a entrega das distintas Troitas de Ouro, que recoñecen en cada edición aos persoeiros máis destacados do mundo da pesca. Nesta edición os premiados son os seguintes: o programa “Caza e Pesca” de Movistar Plus; o artesán de moscas Vicente Longo; o escritor Guy Roques; o campión de España de lance por equipos Raúl Ibo Salazar; o campión de España Xuvenil de pesca morta Alí Pérez Trebolle.
Programación
Luns, 30 de abril
– 13:30 horas: Inauguración do I Mercado Festa da Troita.
– 14:00 horas: Sesión vermú a cargo da orquestra Ritmo Joven.
– 20:00 horas: Entrega pública das distintas Troitas de Ouro:
– Programa Caza e Pesca de Movistar Plus.
– Vicente Longo, artesán de Moscas Asturiano.
– Guy Roques, escritor e pescador.
– Raúl Ibo Salazar, campión de España de lance por equipos.
– Alí Pérez Trebolle, campión de España Xuvenil de pesca a mosca.
– Entrega 1º Premio Literario de Relato Corto Honor de Miranda.
– 21:00 horas: Pregón a cargo de Martín Barreiro (Meteorólogo TVE).
– Verbena a cargo das orquestras Olympus e Ritmo Joven.
Martes, 1 de maio:
– 9:00 horas: Comezo dos concursos de pesca (lance, salmón e mosca).
– 11:00 a 20:00 horas: I Mercado Festa da Troita
– 12:30 horas: Actuación do Grupo Rexional A Chocolateira da Pontenova.
– 13:30 horas: Remate dos concursos, pesaxe e clasificación.
– Sesión vermú coa orquestra Suavecito.
– 18:00 horas: Entrega trofeos no Salón de Actos da Casa da Cultura.
– Verbena a cargo da orquestra Suavecito.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



