O sábado, 28 de abril, o taller desenvolverase na Biblioteca de San Cibrao, ás 12:00 horas; e o domingo na Biblioteca de Cervo, a esa mesma hora. Os nenos e nenas poderán presentar os traballos que elaboren eses días ao Certame convocado con motivo do Día das Letras Galegas que está baseado na temática “como cambiou o conto” ou “como darlle a volta ao conto tradicional”, por exemplo o lobo vexetariano, a caperuchiña feroz, unha bela que nunca dorme…
