XOVE .- Tarde de diluvio, que fixo que o Campo do Centro Social de Monte estivera completamente anegado, de aí que a organización e o conxunto de xogadores decidiron trasladar a tirada ao C. Social máis achegado, concretamente ao de Palmeiro, no cal, baixo unha choiva continua se desenvolveu a tirada.
Liga Senior.- Victoria do líder Ginés Rodríguez, o que lle permite distanciar a José Rafael González ata os doce puntos, tendo 96 e 84 respectivamente. Se miramos as puntuacións, vemos que a primeira parte do circuito (tiradas de Lago, Monte, Palmeiro e Cruceiro) son máis favorables a Ginés Rodríguez e a segunda parte (A Vara, Morás e Sumoas) o son a José Rafael González, dahí que Ginés ten que apretar nestas primeiras tiradas da segunda volta, dado que seguramente José Rafael o vai a facer nas últimas. Para o terceiro posto final, os 6 puntos obtidos por César Cancello permítenlle conservar a terceira posición, pero xa ten moi perto a Moisés Rodríguez con 57 puntos, e por detrais José Manuel Cociña con 49 e Carlos Javier Rodríguez con 44, e posibilidades inda de subra máis arriba na clasificación.
Liga Sub 18.- Terceira victoria consecutiva de Cristian Rodríguez, que unha semana máis lle recorta puntos ao líder, quen aguantou o tirón gracias ao terceiro posto e mellor bolada; a falla de 6 tiradas para o final, Jose Vigo sigue en cabeza con 55 puntos, 9 máis que Cristian. Cristian, despois dun comezo de temporada un pouco irregular, está tendo un comezo de ano espectacular, pero Jose Vigo está respondendo bastante ben, e se non se pon nevioso, a renda que ten pode ser suficiente ao final. Pola terceira praza, loita pechada con Óscar Pérez con 36 puntos, Andrés Rodríguez con 32 e Alex Meitín con 29.
Liga Feminina.- Fallo das favoritas, dado que a líder, Carmen Roca, só puido ser quinta e a segunda, Dolores Meitín, non conseguiu siquer puntuar. A clasificación non muda nos dous primeiros postos, que siguen prácticamente iguais, pero si cambia a terceira posición, dado que Concepción Piñeiro pasa a ocupar este posto de honra con 22 puntos, en detrimento de Salomé Bermúdez, que ao non puntuar vese desprazada á cuarta posición.
A Vindeira tirada, e cuarta da segunda volta, vai ter lugar no CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE O SÁBADO, 30 DE XANEIRO DE 2010 ÁS 15:30 HORAS.
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MONTE (XOGADO NO C. S. DE PALMEIRO POR INUNDACIÓN DO DE MONTE ==== 33 INSCRITOS: 19 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 9 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 154 | 12 |
| SEGUNDO | ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 147 | 10 |
| TERCEIRO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 144 | 8 |
| CUARTO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 144 | 7 |
| QUINTO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 143 | 6 |
| SEXTO | ADRIÁN BOUSO GAVIN | 143 | 5 |
| SÉTIMO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 136 | 4 |
| OITAVO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 120 | 3 |
| NOVENO | FELIPE MANUEL RIVEIRO CARBALLO | 118 | 2 |
| DÉCIMO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 107 | 1 |
| MELLOR BOLADA | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 59 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 156 | 6 |
| SEGUNDO | ÓSCAR PÉREZ MEITÍN | 122 | 4 |
| TERCEIRO | JOSE VIGO LAGE | 121 | 3 |
| CUARTO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 86 | 2 |
| QUINTO | AITOR BOUSO GAVIN | 85 | 1 |
| MELLOR BOLADA | JOSE VIGO LAGE | 62 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 76 | 6 |
| SEGUNDO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ | 59 | 4 |
| TERCEIRO | MARÍA TERESA RAMOS FERNÁNDEZ | 42 | 3 |
| CUARTO | CARMEN ROCA CORRAL | 48 | 2 |
| QUINTO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA | 45 | 1 |



















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



