Lugo, 7 de maio de 2018. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, cualificou como “un éxito rotundo” os concertos didácticos de Abraham Cupeiro, que promoveu o Goberno da Deputación en 16 centros educativos da provincia e no participaron preto de 3.000 escolares. “Tanto alumnos como mestres fixéronnos chegar os parabéns por achegar este tipo de iniciativas aos centros educativos da provincia. Con esta proposta musical e cultural contribuímos a amosar o traballo singular deste musico lucense, pola recuperación de instrumentos ancestrais”.
A Deputada de Cultura, e o Vicepresidente da Deputación e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo asistiron este martes no Centro Cultural da vila, ao último concerto didáctico que ofreceu o musicólogo do ciclo promovido polo Goberno da Deputación. Ademais, esta programación incluíu actuacións abertas ao público en xeral nos Concellos de Viveiro, Chantada, Monforte de Lemos, o último destes concertos, baixo o título “Os sons esquecidos”, será este domingo día 13, no Auditorio de Vilalba, ás 20:30 horas.
“Tras percorrer a provincia de norte a sur, e logo de participar en preto de 20 concertos, tanto cos alumnos como co público en xeral, constatamos a necesidade de seguir impulsado proxectos destas características que achegan a música e a nosa historia a todo os lucenses de xeito totalmente gratuíto”, explicou García Porto.
A Deputada sinalou que “este sarriano é un gran musicólogo que constrúe e fai soar instrumentos de máis de 2.000 anos como o ‘karnyx’, a gran trompeta céltica, ademais de traballar na recuperación de instrumentos ancestrais, xa que é capaz de interpretar melodías de distintas épocas con instrumentos moi antigos e complexos, como por exemplo as cornas coas que recupera unha tradición perdida en Galicia utilizando instrumentos orixinais”.
Conta coa acreditación do Ano Europeo do Patrimonio
García Porto explicou que está actividade esta enmarcada na celebración do Ano Europeo do Patrimonio, e conseguiu a acreditación como unha das iniciativas desta institución, por fomentar o intercambio do patrimonio cultural de Europa como recurso compartido e ao mesmo tempo sensibilizar acerca da historia e os valores comúns.
Impulsor da corna
O musicólogo Abraham Cupeiro (Sarria, 1980) constrúe e fai soar instrumentos de fai máis de 2.000 anos como o “karnyx”, a gran trompeta céltica. Estudou trompeta no Conservatorio Superior de Musica de Madrid, e logo realizou un máster en Interpretación da Música Antiga na Universidade Autónoma de Barcelona. A súa formación é clásica, pero sempre se sentiu atraído por todo tipo de músicas.
Desde novo formou parte de grupos de folk, jazz ou música antiga. E como instrumentista, destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnyx (trompeta celta da Idade de Ferro). Ademais é impulsor dun instrumento ancestral en Galicia: a corna. Instrumento que tocaba seu avó e que aparece nas iluminacións de Alfonso X.
O seu interese pola organoloxía, ciencia que estuda os instrumentos musicais e a súa clasificación, levoulle a conseguir unha colección de máis de 200 instrumentos de todo o mundo e de distintas épocas. Cupeiro recupera e constrúe diversos instrumentos, e interpreta con eles a súa música, e tamén a mestura con composicións modernas.






















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



