O Pescados Rubén Burela FS arrincará a pugna de play off este venres na pista do Real Betis Futsal (Amate, 21.00 horas, www.lnfsdirecto.es). Comeza a conta atrás para o soño de regresar a Primeira. E se apuntamos ao Sol? Por que non?
“Son días especiais, chegou o momento de loitar polo que levamos todo o ano traballando. Xógalo non a unha soa carta, pero case, temos tres posibilidades por diante para pasar a primeira eliminatoria, en partidos nos que os pequenos detalles serán moi importantes” explicaba Víctor López.
Para o peche madrileño esta non será primeira fase de ascenso coa camisola laranxa -xa defendeu o Pescados Rubén no seu último play off, en 2011-12- e móstrase moi confiado nas posibilidades mariñás: “O equipo está ben e chega nun estado óptimo. Recibimos a inxección de moral do título de Copa Galicia e a fin de semana veunos ben para recuperarnos de molestias”.
Recordos de liga
En liga, o Pescados Rubén só puido sumar 1 punto nos enfrontamentos cos béticos, a domicilio na ida (3-3). “En Amate foi un partido moi disputado, que acabou en empate, pero puido caer de calquera lado. Este venres, será diferente; para play off esperamos un pavillón cheo, con todo o que move Betis, e creo que o que menos erros cometa sairá vencedor” analizaba o madrileño, facendo referencia tamén á derrota, máis recente, en Vista Alegre: “Fixemos unha boa primeira parte, pero na segunda as dúas expulsións e as inferioridades lastráronos demasiado, ademais non estivemos ben na saída de balón. Non tivemos a frescura da primeira parte” lembraba así Víctor o 1-2 da recta final da competición regular.
Cara ou cruz
O 4 burelista valora o significado do cara e cruz en terras andaluzas. “Unha vitoria sería unha inxección de moral impresionante. Viriamos á casa xogar con toda a nosa xente e con outras dúas oportunidades intactas. Mellor é gañar, pero se se perde seguimos dependendo de nós e con Vista Alegre arroupándonos en dous partidos cruciais, cun pavillón cheo que nos axudará moitísimo” explicaba con optimismo Víctor, que incidía en ir paso a paso sen precipitarse: “Vai se un mes moi longo, si se chega á final, pero imos centrarnos en traer a vitoria esta semana de Sevilla, que será un paso moi importante, sen dúbida”.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
