Ribadeo, 24 de maio de 2018. O Concello ven de sacar a licitación as obras de acondicionamento e urbanización da avenida Ría de Ribadeo. O investimento ascenderá a 512.000 euros, dos que a Deputación de Lugo aporta 380.000.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, explicou que “se trata da licitación das obras de acondicionamento e urbanización da avenida da Ría de Ribadeo, grazas a este convenio de colaboración que asinamos coa Deputación de Lugo. Dun total de 512.000 euros do custo do proxecto, a Deputación vai aportar 380.000 euros”.
O rexedor salientou que “con estas importantísimas obras de mellora e de humanización contribuiremos tamén a dotar dunha seguridade necesaria para todos os viandantes desta longa avenida, que foi pensada no seu momento fundamentalmente para o paso de vehículos rodados, máis hoxe en día cada vez é máis frecuentada por peóns e viandantes dado que a afluencia a todos estes talleres, tendas, bazares e centros comerciais fai que cada vez haxa máis xente andando por lugares que non son apropiados tal e como están deseñados”.
Suárez Barcia detallou que “as obras neste máis de 1 quilómetro de actuación, van ser a dotación de beirarrúas onde aínda non estean, a construción de pasos de peón elevados para maior seguridade dos viandantes, a canalización soterrada desas torres de media tensión que afean a paisaxe neste momento, e novo alumeado público, é dicir, a substitución das luminarias por outras led máis modernas. Ademais procederase á colocación de tubaxe, de pluviais e de saneamento, e dos sumidoiros necesarios para completar a totalidade dos servizos urbanísticos da zona, novo arborado e nova capa de aglomerado e pintado en todo o longo desta avenida”.
O alcalde indicou que “o procedemento de licitación desta importantísima obra vai ser aberto e unha tramitación urxente, polo tanto todas as empresas interesadas, e coa cualificación necesaria, terán trece días de prazo para presentar as súas ofertas, e poderán velas no perfil do contratante da nosa páxina web e tamén na plataforma de contratos do Estado”.
Fernando Suárez engadiu que “o que estas obras perseguen é que calquera viandante do centro urbano de Ribadeo poida ir con comodidade e con seguridade ata o límite urbano de Ribadeo, que é practicamente na rotonda de Dompiñor”.





















A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



