Ribadeo, 25 de maio de 2018. No pleno celebrado no Concello de Ribadeo foron aprobadas por unanimidade as expropiacións forzosas que se realizarán para continuar co sendeiro peonil de As Aceas e o encontro coa antiga vía do tren mineiro, e para facer un novo depósito de auga en Chao de Ove. Tamén se aprobou a ratificación do convenio entre Concello e Deputación de Lugo para a xestión da nova residencia de maiores.
O alcalde, Fernando Suárez, asegurou que “foi moi interesante o pleno ordinario de onte con cousas que se aprobaron incluso por unanimidade practicamente todas, e de certo interese para Ribadeo, empezando polo inicio da expropiación forzosa dos terreos para estar preparados para facer no seu momento un novo depósito de auga. Será cando a Xunta o estime convinte. Para iso o Concello vai ir expropiando os terreos que están sinalados no plan xeral de ordenación municipal desde hai tres anos. Son algo máis de 7.000 metros cadrados o que necesitamos en Chao de Ove, en Santa Cruz, para nese emprazamento facer un novo depósito que veña complementar o que xa temos desde hai moitos anos, pero que non cubre as necesidades do Ribadeo do século XXI”.
O rexedor relatou que “tamén se aprobou este proxecto de expropiación forzosa para continuar con este sendeiro, que tan boa experiencia está dando para Ribadeo , que chega ata o Muíño de Mareas das Aceas, e que agora grazas a un plan europeo do programa Life, entre as universidades de Santiago, de Oviedo e do Concello de Ribadeo ademais doutros concellos con menor participación, queremos expropiar unha masa arbórea de practicamente un quilómetro de lonxitude, desde o remate do Muíño de Mareas das Aceas ata o encontro coa antiga vía do tren mineiro de Ribadeo a Vilaodriz, para ir substituíndo paulatinamente as especies invasoras como os eucaliptos por outra vexetación autóctona, ademais de facer un sendeiro que prolongue este que remata a día de hoxe no devandito muíño. Este proxecto de expropiación tamén contou coa unanimidade por parte de todos os grupos”.
Fernando Suárez contou que “tamén se aprobou o convenio bilateral entre a Deputación e o Concello de Ribadeo para a xestión do centro de atención a persoas maiores que tivo que volver ao pleno para ratificar o que a xunta de goberno da Deputación aprobou desde o concepto da bilateralidade, cando nosoutros aprobarámolo desde o concepto da multilateralidade. É unha cuestión menor, pero trátase de estar sincronizados entre o que faga a Deputación e o Concello. Agradecemos outra vez máis o compromiso que está tendo a Deputación para con Ribadeo, oxalá outras administracións que moito larican, pero pouco dan, tomen exemplo do que está facendo a Deputación con Ribadeo”.
Situación económica
O alcalde manifestou que “este pleno tamén desde o punto de vista económico foi moi importante porque o superávit que tivo o Concello de Ribadeo este ano de 900.000 euros, utilizámolo por unha banda para amortizar débeda, e amortizamos moita, incluso amortizamos aquel plan de estabilidade financieira que dalgunha maneira poñía ao Concello baixo a tutela do Ministerio de Economía. E agora por fin podémolo liquidar e volver ter unha certa autonomía municipal que ata o de agora non tíñamos. Por outra banda, con restos que aínda nos sobran deste superávit imos facer maiores actuacións tanto na vila como nas parroquias de infraestruturas que se chamen financieiramente sostibles, pero sobre todo anticipo que van destinadas a vías públicas tanto no ámbito urbano como no das nosas parroquias”.
Finalmente Fernando Suárez dixo que “para rematar se aprobou unha moción unánime que presentara a coordinadora estatal pola defensa do sistema público de pensións sobre o rexeitamento dun produto paneuropeo de pensións individuais. Contou co apoio de todos os grupos e a ver se o resto de Concellos e institucións tamén van tomando decisións neste senso para dicirlle ao goberno do Estado e á Unión Europea que non vaian por aí”.



















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



