Viveiro 30-5-18. Os días 30 e 31 de Maio, o Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha unha nova campaña en defensa do comercio local. O xoves 31, os escaparates dos negocios asociados ó Centro Comercial amencerán empapelados como si houberan pechado, simulando un pobo sen comercio, servizos, nin hostalaría.
Non é a primeira vez que o Centro Comercial Histórico lanza unha campaña na defensa do comercio local. O pasado mes de Marzo puxemos en marcha “30 días 30 motivos”, unha campaña na que, mediante unha serie de carteis publicados nas redes sociais, destacábanse as ventaxas de mercar no pequeno comercio. No último cartel plantexábase a pregunta “¿qué pasaría si deixásemos morrer ó comercio da vila?” Esta nova campaña ofrece a resposta: peche de negocios, pérdida de emprego, ruas oscuras, vacías e sen vida…
Participarán máis de cen negocios de tódolos sectores, que van dende textil e alimentación a hostalaría e servizos profesionais. O obxetivo é amosar ó consumidor en que medida o comercio de Viveiro dalle vida ó mesmo, crea postos de traballo, colaboran cas festas do municipio e patrocinan actividades das distintas asociacions e clubes, manteñen as ruas iluminadas e cheas de vida, realizan sorteos, premios e gran cantidade de actividades ó longo do ano, e cada vez son máis competitivos.
Para que o comercio local siga vivo, a campaña de concienciación debería realizarse dende o punto de vista de diferentes variables que rodean o funcionamento do comercio local, non só do acto de compra por parte dos clientes senón tamén a implicación dos donos que alugan os baixos comerciais, cunhos prezos de aluguer desorbitados dificilmente se poderán manter abertos os negocios. Os distintos colectivos da zoa.. de que nos serve pedir apoio ó comercio para festas, eventos, rifas para as excursións e un longo etc si á hora de mercar calquer tipo de material o facemos nunha gran superficie ou por internet. E sobre todo desvincularnos da idea de que mercar no comercio local é mais caro.. os negocios levan tempo adaptándose ás novas esixencias do mercado e ós actuais hábitos de compra dando un servizo profesional e adaptado a tódolos petos. Non serve dicir “mercar na vila é mais caro” cando non se realiza unha comparativa de prezos de mercar un determinado artigo aquí ou alá. Haberá en moitas cousas nas que non se poida competir cunha gran multinacional, pero en moitas outras o comercio local é moito máis que competitivo….
O mércores 30 a partir das 21:00 horas todolos negocios que se unen á iniciativa empapelarán os seus escaparates, portas, ventás ou cristales, e apagarán totalmente as luces dos escaparates, así tamén veremos na gran medida na que os negocios da vila contribuen á iluminación das ruas.
Este tipo de actuacións xa se levaron a cabo con éxito noutras localidades galegas. A idea é realizar unha campaña chocante, que contraste con outras iniciativas máis positivas e amables, concienciando ó consumidor de que o pequeno comercio é o que lle da vida ó municipio e das consecuencias negativas da sua desaparición.