Lugo, 2 de xuño de 2018. O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, deu este sábado o bandeirazo de saída á VII Subida á Pontenova, proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña e na que participaron máis de 40 pilotos. A proba conta co principal apoio do Executivo Provincial, cunha achega económica de 7.000 euros dentro da súa aposta por promover o turismo e dinamizar o municipio mariñán. Pola súa parte, o Concello da vila destina outros 4.000 euros a esta cita, unha das máis consolidadas do calendario. O evento reuniu a milleiros de afeccionados, chegados de toda a xeografía galega e das localidades veciñas de Asturias e Castela e León, entre os que se atopan grandes nomes como piloto asturiano, José Antonio López-Fombona.
Campos Conde subliñou “que con esta proba reforzamos a nosa decidida aposta polo deporte do motor como atractivo turístico que impulsa e dinamiza a economía, así como a vida das vilas lucenses. Por este motivo, dende o Goberno da Deputación mantemos un firme compromiso co automobilismo e, proba disto, é o noso apoio incondicional ás probas que se organizan por excelencia en toda a provincia”.
Percorrido
A Escudaría Pontenova organiza os días 2 e 3 de xuño, a VII edición da Subida a Pontenova, puntuable para os Campionatos e Trofeos de Galicia de Rallyes, Copa Propulsión Carcross e Copa Pirelli de Montaña.
A proba está centralizada na localidade de Pontenova, coas verificacións o sábado día 2 pola mañá e as primeiras mangas de competición pola tarde. O tramo de subida está localizada na estrada LU-4803, entre os puntos quilométricos 0.45 e 5.25, con 4,8 kms de lonxitude, cun formato de 6 pasadas, dúas de adestramento e 4 oficiais segundo o programa.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
