A Mariña, Mércores 6 de xuño de 2018. Máis de 350 nenos e nenas entre os 6 e 12 anos pertencentes a categorías base (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil feminino) xunto a Special Olympics de 17 clubs de fútbol sala galegos, participarán entre o 14 e 17 de xuño no Torneo de Fútbol Sala Memorial Heroes do Orzán 2018, que se desenvolverá nos pavillóns do Ventorrilo e Novo Mesoiro, na cidade da Coruña
A sétima edición do torneo foi presentada esta mañá na sede da Deputación da Coruña polo deputado responsable da área de Deporte e Xuventude da institución provincial, José García Liñares; o presidente da Fundación Imdecum, organizadora do campionato, Marcelino Luna, e familiares e compañeiros de Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez, os tres policías falecidos en acto de servizo a finais de xaneiro de 2012 nas augas do Orzán durante o intento de rescate do mozo eslovaco Tomas Velicky. Tamén asistiron a presidenta provincial de Cruz Vermella, Mercedes Casanova, o tesoureiro de Special Olympics, Elías Palacio, e a deputada popular Mariel Padín, ademais da inspectora xefe da brigada de Seguridade Cidadá da Policía Nacional en Galicia Nuria Palacios.
Coa celebración deste evento deportivo, ademais de promover o deporte de base entre os nenos e nenas coruñesas, a Deputación quere contribuír a que a memoria dos heroes do Orzán non caia no olvido, segundo apuntou García Liñares, que subliñou “a lección de humanidade, profesionalidade e valentía” dos tres axentes, que “non dubidaron en arriscar a súa vida” para axudar a alguén en apuros. Liñares comprometeu tamén o apoio da Deputación para que o torneo siga crecendo no futuro e promocionando o deporte entre os pequenos.
“Agradecemos moito esta iniciativa tan bonita”, afirmou Isabel Lozano, nai de Rodrigo Maseda, un dos policías homenaxeados, que subliñou o apoio das institucións para que o campionato siga medrando e fomentando entre os cativos “valores como o deporte e o traballo en equipo”. No mesmo sentido pronunciouse Carmen López, nai de Javier López, que tivo palabras de gratitude “para todos os que fan isto posible” e agradeceu aos que “traballan tanto para que isto poda celebrarse, en especial a Fundación Imdecum”.
Pola súa banda, o presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna, agradeceu o “apoio incondicional” das familias, da Deputación da Coruña, a Cruz Vermella e outras entidades colaboradoras “para que o campionato siga crecendo”.
Nesta edición do Memorial Heroes do Orzán, os clubs participantes son: Troula Betanzos FS, CD Los Rosales, UD Juvenil de Almeiras, FS Femenino Castro, Fisober FSF, Pescados Rubén Burela FS, Hércules Coruña FS, 5Coruña FS, Club del Mar San Amaro, Ex-Alcohólicos, Distrito V FS, Ventorrillo FS, A Fervenza FSF, Viaxes Amarelle FSF, Fundación Eu Son, Adcor e Aspanane. Moitos deles competirán en diferentes categorías, masculinas e femininas, que inclúen prebenxamín, benxamín, alevín, infantil feminino e Special Olympics (Nivel 2).
Tres retratos como agasallo
O próximo día 14 de xuño celebrarase unha ofrenda floral na coiraza do Orzán en homenaxe aos tres heroes falecidos. Hoxe as súas familias recibiron tres retratos como agasallo e para o seu recordo, do artista Juan Carlos Martínez, Charly, autor da imaxe do Memorial 2018.
350 niños y niñas participarán en el Torneo de Fútbol Sala Memorial Heroes do Orzán 2018
Miércoles 6 de junio de 2018. Más de 350 niños y niñas entre los 6 y 12 años pertenecientes a categorías base (prebenjamín, benjamín, alevín, infantil femenino) junto a Special Olympics de 17 clubes de fútbol sala gallegos, participarán entre el 14 y 17 de junio en el Torneo de Fútbol Sala Memorial Heroes do Orzán 2018, que se desarrollará en los pabellones del Ventorrilo y Nuevo Mesoiro, en la ciudad de Ae Coruña
La séptima edición del torneo fue presentada esta mañana en la sede de la Diputación de A Coruña lo pones diputado responsable del área de Deporte y Juventud de la institución provincial, José García Liñares; el presidente de la Fundación Imdecum, organizadora del campeonato, Marcelino Luna, y familiares y compañeros de Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López y José Antonio Villamor Vázquez, los tres policías fallecidos en acto de servicio a finales de enero de 2012 en las aguas del Orzán durante lo intento de rescate del joven eslovaco Tomas Velicky. También asistieron la presidenta provincial de Cruz Roja, Mercedes Casanova, el tesorero de Special Olympics, Elías Palacio, y la diputada popular Mariel Padín, además de la inspectora jefe de la brigada de Seguridad Ciudadana de la Policía Nacional en Galicia Nuria Palacios.
Con la celebración de este evento deportivo, además de promover el deporte de base entre los niños y niñas coruñesas, la Diputación quiere contribuir la que la memoria de los heroes del Orzán no caiga en el olvido, según apuntó García Liñares, que subrayó “la lección de humanidad, profesionalidad y valentía” de los tres agentes, que “no dudaron en arriesgar su vida” para ayudar a alguien en apuros. Liñares comprometió también el apoyo de la Diputación para que el torneo siga creciendo en el futuro y promocionando el deporte entre los pequeños.
“Agradecemos mucho esta iniciativa tan bonita”, afirmó Isabel Lozano, madre de Rodrigo Maseda, uno de los policías homenajeados, que subrayó el apoyo de las instituciones para que el campeonato siga creciendo y fomentando entre los críos “valores como el deporte y el trabajo en equipo”. En el mismo sentido se pronunció Carmen López, madre de Javier López, que tuvo palabras de gratitud “para todos los que hacen esto posible” y agradeció a los que “trabajan tanto para que esto pueda celebrarse, en especial la Fundación Imdecum”.
Por su parte, el presidente de la Fundación Imdecum, Marcelino Luna, agradeció el “apoyo incondicional” de las familias, de la Diputación de A Coruña, la Cruz Roja y otras entidades colaboradoras “para que el campeonato siga creciendo.
En esta edición del Memorial Héroes del Orzán, los clubes participantes sonido: Troula Betanzos FS, CD Los Rosales, UD Juvenil de Almeiras, FS Femenino Castro, Fisober FSF, Pescados Rubén Burela FS, Hércules Coruña FS, 5Coruña FS, Club del Mar de San Amaro, Ex-Alcohólicos, Distrito V FS, Ventorrillo FS, A Fervenza FSF, Viaxes Amarelle FSF, Fundación Eu Son, Adcor y Aspanane. Muchos de ellos competirán en diferentes categorías, masculinas y femeninas, que incluyen prebenjamín, benjamín, alevín, infantil femenino y Special Olympics (Nivel 2).
Tres retratos como regalo
El próximo día 14 de junio se celebrará una ofrenda floral en la coraza del Orzán en homenaje a los tres héroes fallecidos. Hoy sus familias recibieron tres retratos como regalo y para su recuerdo, del artista Juan Carlos Martínez, Charly, autor de la imagen del Memorial 2018.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
