Riotorto, 06 de xuño de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de licitar as obras de reforzo do firme na estrada autonómica LU-124, entre as localidades de Riotorto e Vilameá (A Pontenova), para as que destina un orzamento de máis de 604.000 euros.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presentou as liñas mestras deste proxecto, acompañado do alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, da alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e do tenente alcalde da Pontenova, Francisco Martínez, representantes dos concellos polos que discorre esta vía, e xunto a técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).
Nova capa de rodaxe
As obras desenvolveranse no treito comprendido entre os PKs 23+040 (á saída da travesía de Riotorto) e 29+550 (final da estrada en Vilameá, na intersección coa estrada N-640), e consistirán na extensión dunha nova capa de rodaxe en toda a sección. Neste tramo están incluídas as travesías de Recesende e Vilameá. O prazo de execución dos traballos será de catro meses.
A administración autonómica prevé tamén realizar actuacións complementarias para mellora da seguridade, mediante o reforzo da sinalización vertical, e substitución dos postes das barreiras de seguridade e a colocación de novos tramos de sistemas de contención. Ademais a obra inclúe a construción de cunetas de formigón para a mellora da drenaxe que ademais servirán como sobreancho practicable.
“O obxectivo desta obra é completar as melloras realizadas noutros puntos da estrada LU-124, atendendo á petición que o propio alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, trasladou á Consellería e todo iso, na procura de garantir unha circulación máis segura e confortable para os usuarios da vía”-explicou o delegado.
Máis de 3 millóns de euros de investimento global
Balseiro lembrou que a administración autonómica leva desde o ano 2015 traballando intensamente na mellora desta estrada, achegando un orzamento global que, xunto á actuación hoxe presentada supera os tres millóns de euros. Neste momento a Xunta actúa no tramo comprendido entre Lindín (enlace A-8) e Cruz da Cancela (PK 8+200 a 15+240) con previsión de remate a finais deste verán, e xa finalizou os traballos realizados nesta mesma vía no enlace coa autovía do Cantábrico, A-8.
O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



